19/08/07

Bernardino Graña

A asociación cultural "A Cepa" de Cangas, está a preparar unha homenaxe ao escritor e poeta Bernardino Graña no seu 75 aniversario.
Bernardino naceu en Cangas, pero é moi querido por nós porque vive en Moaña dende hai moitos anos.


No noso colexio temos adaptado algunhas das súas obras para o teatro:
"Rata linda de Compostela", que é unha versíon da Ratiña linda, representouse por primeira vez no noso cole hai xa uns 10 anos e tivemos a sorte de poder representala para o propio escritor.
Este curso representaronna de novo os alumnos de 1º no festival das letras galegas do colexio.
"O león e o paxaro rebelde " tamén o levamos ao escenario un par de veces.
¡FELIZ ANIVERSARIO BERNARDINO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...