Biblioteca do cole
17/11/24
Impresora 3D
Formación en radio para o alumnado de 5° de primaria
O venres tivemos o pracer de contar no cole con Damián Alonso, que nos ensinou moitas cousas sobre o mundo da radio (intensidade da voz, tono, volume, indicacións sobre cómo dar paso á voz ou á música cando gravamos…). Ensinounos a facer un guión e, por parellas, gravamos o noso podcast.
Grazas Damián, aprendemos moito!
10/11/24
O primeiro ciclo nos recantos da biblioteca
Canto aprendemos e desfrutamos nos recantos da nosa biblioteca.
07/11/24
Teatro Quintela
Comeza un novo proxecto neste curso 24/25. Este ano investigaremos sobre o teatro.
O primeiro día o alumnado entrou nun cole convertido por un día nun teatro, e levaron unha entrada invitando a toda a comunidade educativa a disfrutar dun curso cheo de teatro.
Espéranos un curso cheo de diversión e maxia, apredendo guións, bailes, sendo actores e actrices, preparando maquillaxes, vestiarios, escenarios, pero sobre todo...disfrutando do teatro.
05/11/24
Un poema, un dito e unha adiviña de outono na voz do alumnado de 1º de primaria
Que fermoso o poema de Antonio García Teijeiro e un dito e adiviña popular na voz do alumnado de 1° de primaria.
Non menos fermosos son os fondos debuxados por eles e elas.
31/10/24
As cabazas terroríficas con led en 6° de primaria
Logo de moito practicar, de preguntarnos o motivo polo que os led non acendían, de coser e descoser… por fin demos rematado as nosas cabazas terroríficas! Decoramos o corredor en elas e, gustaron moito ao resto de compañeiros e compañeiras do cole.
21/10/24
Preparando o Samaín
O alumnado de 6° quere decorar o corredor do cole con cabazas que teñan por ollos uns led de cores que lle están a coser.
Mirade que ben o están a facer.
18/10/24
Apadriñamento lector
Os pandas e as bolboretas compartimos lecturas co alumnado de 3ºP. Disfrutamos dos contos e da compañía dos nosos amigos e amigas lectoras. Esperamos con ilusión máis encontros como este!!!
Compartindo lecturas: 6ºI e 4ºP
A clase do teatro e a de 3ºP compartiron lecturas na nosa biblioteca
Pasamos un rato moi divertido coñecéndonos e lendo contos.
17/10/24
Primeira visita de Paco
Os pandas e as bolborestas subimos nos primeiros días de curso á biblioteca para saudar a Paco, o noso ratiño. Aproveitamos para facer un xogo para aprender a colocar os contos, dentros das actividades de formación de usuarios, e tamén compartimos e disfrutamos lendo contos.
16/10/24
Contacontos Paula Carballeira
Que gran éxito tivo Paula Carballeira na sesión de contacontos!!
Paula, coas súas dotes interpretativas, levounos a bosques tenebrosos e aos mares de Xapón para rematar cunha pantasma na Illa de Cortegada.
Esta gran actriz, escritora e contacontos fixo as delicias do público pequeno, mediano e grande na nosa biblioteca.
Moitas grazas familias pola vosa participación!
13/10/24
4º de primaria nos recantos da biblioteca
Comezamos o curso repasando as normas de uso e comportamento na biblioteca e tamén descubrindo novos recantos e actividades que podemos facer nela.
Nesta ocasión, aprendemos a programar os Zowi, a dirixir as Sphero Mini, así como desfrutamos doutros recantos como o Lego e o xogo dos vasos.
10/10/24
Lectura e Familias, comezamos
O vindeiro mércores 16 de outubro estará con nós Paula Carballeira. Recibirémola na biblioteca nunha sesión de contacontos pola tarde dentro do programa Lectura e Familias.
Paula Carballeira, actriz, escritora e experta en narración oral, recibíu o Premio Nacional de Literatura dramática en 2023. Non perdades a oportunidade de coñecela!
11/09/24
Lecturas para o primeiro día
Comezamos un novo curso cun montón de contos novos. Estas foron as primeiras lecturas do curso nas aulas. Agardamos compartir moitas historias máis!!!
26/06/24
Lecturas de monte e praia
Foi un éxito a convocatoria do curso 2023-2024 para o préstamos de verán.
Un total de 38 nenos e nenas levaron lecturas para as vacacións. Lecturas de monte e prais , que pasarán o verán lonxe dos andeis, ata que en setembro volvan de novo. Case 600 lecturas de viaxe!
Moitas grazas ao equipo de apoio á biblioteca, que estivo toda a mañá rexistrando os préstamos.