27/02/09
Murgas do Entroido
20/02/09
Entroido no cole
19/02/09
Pechamos a biblio
A biblioteca do cole vai estar pechada unha semana.17/02/09
O entroido
Tedes que pulsar no ratiño Mik, ( que é amigo do noso Paco) e ir respondendo as preguntas que vos fai, despois de visitar os enlaces.
Xa sabedes que hai agasallo para os primeiros que respondan.

Boa sorte!
12/02/09
Presentacións
Para velos todos no seu blog:
http://cursodesexto.blogspot.com/search/label/Presentaci%C3%B3ns
11/02/09
Préstamo entre profes
Os profes traemos libros de casa libros que depositamos nesa caixa.
10/02/09
Caza do tesouro
O venres pasado rematou o plazo para entregar as respostas da webquest da paz que tiñamos enlazada no menú do blog.Era un traballo voluntario dirixido aos alumnos e alumnas de terceiro ciclo.
Os nenos e nenas que o fixeron (un 50 por cento) recibiron hoxe un agasallo.
Pronto teredes unha nova proba sobre o Entroido.
Ide afiando os lápices!
Cartas de amor
Ola meu...:
Se a miña memoria non me engana, creo que é a primeira vez que te escribo. Non te estrañes, non é por nada malo, é que quería expresar as miñas emocións cara a ti.
Todas as noites penso no tempo pasado e quero volver a vivilo. Cantas cousas descubrín en ti, grazas a ti son o que son agora. Toda a miña infancia paseina ahí contigo e daquela non apreciaba o que era estar ahí, Caramba!.Que afortunada era!.Agora que me decato, non podo volver atrás a vivir eses momentos outra vez, que lástima!.
Cando estou coas miñas amigas da infancia poñémonos a falar e a recordar aqueles tempos nos que todas nos encontrabamos ahí, coantigo, pero xa non é o que era!. Agora a xente que pasa por ti, xa non lle da aprezo ao que ten.Nós si que disfrutabamos!.Ai! Cantas aventuras, acórdaste?
Ainda que, ...como te vas acordar?.Tí non te podes lembrar porque ti só es o meu colexio, o colexio no que medrei, o colexio no que descubrín amigos para toda a vida. O colexio onde non había día no que non saíse del cun rascazo de andar a gabear, xogar e disfrutar da miña enerxía e do meu corpo xoven. Si, que tempos!
Saúdos ao meu colexio de Quintela.
P.D. Mestres, tampouco me esquezo de vós. Un bico.
Tradutor
Acabamos de engadilo ao menú do blog, en "Para saber mais".
Esperamos que vos sexa útil.
Boas traduccións!
¡Buenas traducciones!
¡Bones traduccions!
¡Itzulpen onak!
Aquí tedes un enlace:
TRADUTOR
08/02/09
Educación documental en sexto curso
04/02/09
Salón do Libro de Pontevedra
Estase a celebrar o X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Na entrada do noso cole estamos preparando entre todos unha pequena exposición de libros de amor.¿Queres axudarnos?:
Pon o que che guste, para que vaia crecendo,..
03/02/09
Seguindo a pista das mochilas
Hai tempo que nos vos contamos das mochilas viaxeiras.
Este curso puxemos a viaxar cara as familias tres mochilas.
Pero como gustan tanto, o mes pasado empezaron a viaxar tres novas mochilas.
Nestes momentos hai dúas en 1º, dúas en 3º e dúas en sexto curso.
As mochilas está 15 días en cada casa, e as libretiñas van estando cheas de comentarios, e suxerencias sobre o contido.
02/02/09
O Sacapenas: unha iniciativa para imitar

01/02/09
Novidades para as familias
Temos na biblioteca novos títulos para as familias.Día da Paz
Os nenos e nenas de 6º leron un manifesto que prepararan na clase,desexando paz.Os máis pequenos cantaron xuntos unha canción.


