Amosando publicacións coa etiqueta Educación Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Primaria. Amosar todas as publicacións

24/04/26

OS PAÍSES E OS XORNAIS

 A clase de segundo está investigando sobre os países do mundo e descubriu que no xornal podemos atopar moitas noticias de diferentes países.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do traballo que fixeron: 



15/04/26

APRENDEMOS SOBRE BRASIL

 A clase de segundo tivo unha visita moi especial, a mamá de Emanuela viu aprendernos cousas super interesantes de Brasil. Aprendemos moito!



13/04/26

HORA DE BIBLIOTECA DE PRIMARIA

 O alumnado de Primaria goza dunha hora semanal de biblioteca, na que pode ler, descubrir novas lecturas, compartir recomendacións e facer o préstamo de libros para levar á casa. É un momento moi enriquecedor que contribúe a crear hábitos lectores e a desfrutar da lectura.


05/03/26

"O mundo do Inho". Obradoiro de portugués

Hoxe, grazas ao servizo de Normalización do Concello de Moaña, tivemos no cole este obradoiro chamado "O mundo de Inho". O Mundo do INHO é un obradoiro dirixido ao terceiro ciclo de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves culturais do mundo lusófono ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en portugués e así achegarlles a lingua. Unha aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambos idiomas

Estivo xenial!




CHARLA SOBRE A VESPA VELUTINA

 Hoxe, na clase de terceiro, tivemos unha charla  na biblioteca moi interesante sobre como facer e onde colocar  trampas para velutinas.



02/03/26

CHARLA SOBRE SEXUALIDADE

 O alumnado de 6º de Primaria participou, a semana pasada, nunha charla de educación afectivo-sexual adaptada á nosa idade.

Durante a sesión falamos dos cambios físicos e emocionais que se producen na puberdade, da importancia do respecto cara ao propio corpo e ao dos demais, e de aprender que cada persoa medra ao seu ritmo. Tamén puidemos resolver dúbidas nun ambiente de confianza.

Foi unha actividade moi útil que nos axudou a comprender mellor esta etapa e a afrontala con máis seguridade.



22/02/26

DÍA DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o Día da Radio, un medio que nos informa, nos acompaña e nos fai imaxinar historias só coa forza das palabras e dos sons. E en 6º de primaria non podiamos deixar pasar esta ocasión para celebralo.

Aínda que hoxe non puidemos celebrar o Entroido polo mal tempo, non deixamos que iso nos quite a alegría. Cambiamos o disfrace de espantallos polos micrófonos e demostramos que en Quintela sempre hai algo que celebrar.

Aquí vos deixamos o programa "improvisado" para celebrar o día da radio. Nos micrófonos estiveron Lucía, Martín, Emma e Enzo, convertidos en auténticos locutores e locutoras. E no control de son, facendo maxia cos botóns e a música, estivo Hugo.

Porque cando se acende un micrófono… comeza a maxia da radio! 

Viva a Radio!



10/02/26

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE CON 3ºP E 4ºP

 O xoves pasado o alumnado de 3º e 4º tivemos estacións de aprendizaxe na biblio.

Houbo actividades para todos os gustos: xogos de construción, cálculo mental, adiviñas, comprensión lectora...

Resultou unha mañá moi aproveitada onde a colaboración foi fundamental.

06/02/26

Xuntanza con Afamo en 4º

Este martes, día 3 de febreiro, tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a algúns membros de Afamo que nos falaron de xogos tradicionais da súa época e de moitas outras cousas.
lembraron para todos nós o carretón, o bombón, a carraca e moitos máis xogos.
Foi xenial escoitar as explicacións que nos deu Xabier Blanco acompañado de Aurora, Benigno, Carmen, Choncha, Dolores e Dora.
Queremos agradecer a todos eles e tamén ao concello de Moaña esta iniciativa chamada "Encontros interxeracionais para contar" onde podemos compartir vivencias, sorrisos, historias entre a rapazada e os nosos maiores.
Foi un pracer gozar  deses momentos todos xuntos!
 

28/01/26

CIRCUITOS ELÉCTRICOS E LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN

 O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o corpo humano na materia de ciencias. Remataron poñendo un  led simulando un corazón na silueta dun corpo humano e tamén xogaron cos ratos robot programando os seus movementos para levalo ata distintos códigos QR e así visualizar videos sobre a parte do corpo correspondente.

Aprenderon moito e, sobre todo, pasáronno xenial.

26/01/26

A HORTA DE 3ºP E 4ºP

 Que fermosas as cenorias, as berenxenas, os tomates, as uvas... que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º para decorar o cole!

25/01/26

OBRADOIROS DE ESCRITA EN 4ºP

Nas clases de lingua galega estivemos traballando os obradoiros de escrita. 
Aprendemos a facer anuncios, descricións, receitas e noticias. 
As noticias disparatadas foron as que máis gustaron.

 

24/01/26

ENTREVISTA NA RADIO

O 14 de xaneiro,
RadioQuintela contou coa visita de Damian Alonso, actor de dobraxe e formador en radio escolar. Durante a entrevista, o alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun actor de voz e todo o que hai detrás dun micrófono.

Damian destacou a importancia da radio como ferramenta educativa, que axuda a mellorar a expresión oral, a creatividade e a confianza do alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os alumnos de 4º de primara. que animou a seguir aprendendo e facendo radio na escola.

Entrevista realizada por alumnas de 6º de primaria (Antía Núñez, Noela, Irene, Mara e Lucía)



21/01/26

Charla sobre "Saúde na escola" de Erguete

 O alumnado de 6º de Primaria participou recentemente nunha charla sobre saúde centrada na prevención das adiccións, impartida por unha traballadora da Asociación Érguete.

Durante a sesión falouse, dun xeito claro e adaptado á idade do alumnado, das adiccións ás substancias como o tabaco ou o alcohol, pero tamén doutro tipo de adiccións máis próximas ao noso día a día, como o uso excesivo das pantallas, os videoxogos ou o móbil. A relatora explicou como estes hábitos poden afectar á nosa saúde e á nosa vida diaria.

A charla resultou moi interesante e participativa, xa que o alumnado puido facer preguntas, comentar situacións cotiás e reflexionar sobre a importancia de coidarnos, tomar boas decisións e pedir axuda cando algo nos preocupa.

Dende o centro educativo queremos agradecer á Asociación Érguete o seu traballo e a súa colaboración, xa que actividades coma esta axúdannos a fomentar hábitos saudables e a educar na prevención desde idades temperás.


08/12/25

INVITACIÓNS POLO DÍA DA CIENCIA

Esta mañá estivemos elaborando as invitacións para o Día da ciencia. Quedáronnos moi ben!

 

19/05/25

OBRADOIRO DE ESCRITA NAS LETRAS GALEGAS

 Seguimos cos obradoiros de escrita en primaria. Con motivo das celebracións, cada curso se ocupa de facer os carteis da festa correspondente. Nesta ocasión tocoulle o turno a quinto de primaria, que fixo os carteis para o festival das Letras Galegas.Aquí tedes un exemplo.



16/05/25

COÑECENDO MOAÑA

 En segundo seguimos investigando sobre Moaña, xogamos aos xogos tradicionais que recuperamos investigando en familia e ademáis o avó de Anxo contounos como era Moaña cando el era pequeno.

Grazas familias!



AS FAMILIAS CONTAN EN 2ºP

 Neste mes do libro moitas familias achegáronse ao colexio para disfrutar con nós dun momento de lectura. Moitas grazas a todas por animarnos a ler!

OBRADOIROS DE LECTURA E DE ESCRITA

 Durante este curso estamos a xogar coas letras, as palabras, a música e o ritmo.


09/04/25

Contacontos co Kamishibai

Este venres na biblio teremos unha sesión de contacontos co Kamishibai.
O alumnado de 3º preparou dous contos para relatar con esta técnica e fixeron unhas invitacións para repartir polas clases.










 

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...