Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións

18/10/26

PRÉSTAMOS SEMANAL

 Xa comezamos co préstamo semanal en Infantil!

Cada neno e nena ten a súa carpeta e leva para a casa un libro para compartir coa familia, ler xuntos e gozar das historias tamén fóra da escola. 
E na biblioteca seguimos desfrutando moito dos contos! Temos momentos de lectura en grupo, nos que compartimos historias, e tamén ratos para mirar e ler os nosos libros ao noso ritmo.
Pouco a pouco, imos collendo gusto pola lectura e descubrindo a maxia que agocha cada conto. 




08/10/26

O ALUMNADO DE 4ºI VISITA A BIBLIOTECA

 Unha vez rematada a adaptación, o alumnado de 4º de Infantil fixo un percorrido por todo o colexio para coñecer as diferentes dependencias: o comedor, o ximnasio, as aulas e, como non podía ser doutro xeito, a nosa querida biblioteca escolar. 

Alí descubrimos xuntos os diferentes espazos e recunchos da biblioteca e presentamos a un dos seus grandes protagonistas: o rato Paco, a nosa mascota! 

Estes primeiros encontros coa biblioteca son sempre momentos moi especiais, cheos de ilusión, curiosidade e emoción.

Benvidos á vosa biblioteca! Que este sexa o comezo de moitas aventuras entre libros e historias. 



05/10/26

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Antes de comezar co préstamo semanal da biblioteca, o alumnado de Infantil participou nunha xornada de formación de usuarios moi divertida.

A través dun xogo, tivemos que colocar cada libro no seu sitio, fixándonos nas etiquetas. Así, pouco a pouco, fomos descubrindo como se organizan os libros da nosa biblioteca e aprendemos a diferenciar os contos dos libros informativos. 

Aprendemos xogando e xa estamos preparados para gozar dos libros, coidalos e compartir novas aventuras con eles!



04/06/26

Investigación sobre os monumentos do mundo

 Despois de traballar cos Bits da Intelixencia, o alumnado de 6ºI interesouse polos monumentos do mundo. Buscamos información na biblioteca, como aparece nunha entrada anterior, e elaboramos un mapa cos monumentos máis importantes.

A partir deste traballo e do maletín que realizamos coa información,  estamos a descubrir cales están máis preto ou máis lonxe e compartindo os nosos monumentos favoritos. Unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo sobre o mundo.



27/05/26

HORA DE LER

 Todos os días, ao chegar ao colexio, o alumnado de Infantil participa da Hora de Ler, un tempo onde se comparten contos, realízanse lecturas individuais, e se crean momentos especiais para desenvolver actividades de fomento da lectura.

Trátase dun tempo privilexiado para achegar aos nenos e nenas aos libros e espertar neles o gusto da lectura.



19/05/26

HORA DE BIBLIOTECA EN INFANTIL

 Cada semana, o alumnado de Educación Infantil visita a biblioteca do centro para desfrutar dun tempo especial arredor dos libros. Durante a sesión,exploran libremente os diferentes recunchos de lectura e van coñecendo pouco a pouco a colección da biblioteca.

Ademais, realizan o préstamo semanal, escollendo un libro para levar á casa e compartir a lectura coas súas familias. Esta actividade contribúe a fortalecer o hábito lector e a crear vínculos afectivos arredor dos libros.

Aproveitando este momento tan especial, a titora tamén leva a cabo unha sesión de contacontos, na que as historias cobran vida e espertan a imaxinación, a curiosidade e o gusto pola lectura dos máis pequenos.


27/04/26

DEGUSTACIÓN DE LIBROS EN INFANTIL

Durante a semana do libro levouse a cabo unha actividade de “Degustación de libros” co alumnado de Educación Infantil. Preparáronse seis mesas temáticas con unha coidada selección de contos e libros variados (aventuras, emocións, información, etc.).

O alumnado, organizado en pequenos grupos, foi rotando polas diferentes mesas, dispoñendo dun tempo determinado en cada unha para explorar libremente os libros. Ao rematar cada quenda, cada neno/a debía escoller o libro que máis lle gustara e sinalalo cunha pegatina.

Esta dinámica permitiu fomentar o interese pola lectura e a expresión de preferencias persoais. Como resultado final, obtívose unha selección dos libros máis valorados polo alumnado, o que ofrece información moi útil sobre os seus intereses lectores.


12/04/26

INVESTIGANDO

 Na clase dos canciños estamos investigando sobre os monumentos do mundo. Como tiñamos moita curiosidade sobre o tema fomos buscar información á biblioteca. Buscamos na nosa flor, para traballar a formación de ususarios e descubrimos que estaba na sección rosa e na branca, así que nos puxemos a buscar ata atopar libros sobre monumentos. Atopamos unha chea deles, e agora en clase, con máis calma, iremos descubrindo e que nos contan os libros.




23/03/26

PROXECTO: O EMBARAZO

Ao longo do segundo trimestre, o alumnado de 5ºI desenvolveu un proxecto sobre os embarazos, no que o alumnado investigou sobre o tema, coa colaboración das familias.

Estas partciparon activamente achegando información e recursos, o que permitiu enriquecer a aprendizaxe.








07/03/26

01/03/26

OS CANGUROS XOGANDO COS RATOS

 Os canguros xogan cos ratos , esta vez usando as tarxetas de programación.



 

"UN BECHO EXTRAÑO"

 Os nenos e nenas de 4º de Infantil leron o conto,  

 " Un becho extraño", e encantoulles.

Elaboraron coa plasti o seu propio becho. 


 

23/02/26

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Polo Día de Rosalía de Castro, o alumnado de Infantil aprendeu o poema Alborada do seu libro Cantares Gallegos, e fixo una produción escrita para expoñer na entrada do colexio e recitou o poema aos compañeiros e compañeiras do colexio.





22/02/26

A HORTA DE PACO

 Os canciños seguen coa horta de Paco , esta vez coa cortadora láser e fieltro preparamos as cenorias, berenxenas, tomates e pementos.

O seguinte paso... encher e coser. 



 

09/02/26

OS CANCIÑOS CONSTRÚEN NA BIBLIOTECA

 Os Canciños constrúen un tunel enorme e unhas maquetas cos legos. 

Na biblioteca de PACO hai moitísimas posibilidades.

 



 

08/02/26

OA MARTES CONTAMOS NÓS

Esta semana rematamos a actividade "Os martes contamos nós", para o fomento da lectura. Nas últimas sesións tivemos a Paula e a Christian. Grazas a todo o alumnado por participar e as familias por colaborar nesta actividade tan enriquecedora.

Agora animamos a todos e todas para que sigan traendo contos para compartir na aula, pero esta vez de xeito libre.





ROBÓTICA EN INFANTIL

 Os máis pequenos coñeceron hoxe ós nosos robots.

Os nosos robots son uns ratiños morados cheos de botóns. 

Xogamos un montón.


 

25/01/26

OS MARTES CONTAMOS NÓS

 Unha semana máis, na clase de 6º de Infantil, os pequenos anímanse a contar contos ós seus compañeiros e compañeiras. Esta semana tocoulle o turno a Amaia, que nos contou a historia de Garavanciño.




DISFRUTAMOS COS CONTOS

 Hoxe os nenos e nenas de 4º de EI disfrutamos do Polo Pepe nun conto pop up. 

Xogando ó escondite Pepe ten que atopar ós seus amigos.Neste libro hay un montón de pestanas que esconden moitas sorpresas. 

 


O ALUMNADO DE 6º EI CONSTRÚE NA BIBLIOTECA

 Os Canciños constrúen un tunel enorme e unhas maquetas cos legos. 

Na biblioteca de PACO hai moitísimas posibilidades.

 



 

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...