En outubro comezamos coas mochilas viaxeiras! Cada alumno/a levará durante quince días unha selección de contos adaptados á súa idade e novidades para desfrutar da lectura en familia.
19/10/26
03/10/25
MOCHILAS VIAXEIRAS
Esta semana poñemos en marcha a actividade das Mochilas Viaxeiras.
Trátase dunhas mochilas nas que recibiredes unha
selección de lecturas e da que poderedes gozar en préstamo durante 15 días.
O noso obxectivo
é compartir con vós o gusto pola lectura e a información, presentándovos algúns
títulos que esperamos vos agraden.
Gozade moito coas lecturas!!!
01/10/24
MOCHILAS VIAXEIRAS, LECTURA EN FAMILIA
Un ano máis, comeza a actividade de fomento da lectura, das mochilas viaxeiras. A biblioteca pon a andar dúas mochilas por aula, onde as familias podes disfrutar dela durante 15 días. A selección de libros é variada según o curso, valorando as recomendacións que fan as familias todos os anos na libreta que vai na mochila.
Disfrutade das lecturas!!!
06/11/23
Mochilas viaxeiras
Xa andan rodando polas aulas as mochilas viaxeiras.
Van acompañadas duns caderniños onde as familias poden poñer as súas impresións e suxestións sobre as lecturas que visitan os domicilios.
21/10/22
Mochilas viaxeiras, lectura en familia
No día das bibliotecas escolares botamos a andar as mochilas viaxeiras. Unha selección de lecturas para compartir en familia.
Dúas mochilas irán rotando de casa en casa ao longo do curso.
Moitas grazas a todas a s familias pola colaboración e as palabras tan fermosas que nos deixan.
16/10/16
As mochilas viaxeiras seguen en marcha
04/11/14
Mochilas viaxeiras en Infantil
Catro mochilas viaxeiras, unha en 4º e 5º e dúas en 6º ,cunha decena de contos e libros de información que esperamos sexan de interese para as familias. Manuais de cociña infantil, arte , ciencia, manualidades e literatura seleccionada para compartir en familia, que estarán en cada casa 15 días.
Xunto coas mochilas viaxan uns caderniños onde esperamos compartir coas familias as súas impresións sobre esta interesante actividade.
10/10/11
Mochilas en marcha
Boa viaxe e boas lecturas para todos!
30/09/09
O luns empezan a viaxar os libros
O luns da próxima semana empezarán a viaxar.
Dentro das mochilas hai diferentes lecturas para toda a familia.Esperamos, coma sempre,con gran interés as anotacións e suxestións das familias.
03/02/09
Seguindo a pista das mochilas
Hai tempo que nos vos contamos das mochilas viaxeiras.
Este curso puxemos a viaxar cara as familias tres mochilas.
Pero como gustan tanto, o mes pasado empezaron a viaxar tres novas mochilas.
Nestes momentos hai dúas en 1º, dúas en 3º e dúas en sexto curso.
As mochilas está 15 días en cada casa, e as libretiñas van estando cheas de comentarios, e suxerencias sobre o contido.
20/11/08
Mochilas viaxeiras
Dende hai 20 días están en marcha.
Este ano van "viaxar " as familias de 1º e de 6º curso de Primaria.
Neste momento hai 2 mochilas en 1º e unha en 6º.Pronto poremos a andar outra mais en sexto.
Cada familia ten en casa a mochila durante 15 días.
Dentro das mochilas hai diferentes lecturas para toda a familia.
Esperamos con gran interés as anotacións e suxerencias das familias.
08/05/08
Seguindo a pista das mochilas
A principios de marzo as mochilas viaxeiras iniciaron a súa viaxe.As familias dos nenos e nenas de 1º curso son os que están a disfrutar desta actividade. 


Ademáis, algunhas nais de 1º pedíronnos máis tempo para ler os libros que trataban o tema da educación dos fillos e fillas, porque non lles chegou o tempo para rematalos, e pareceronlle moi interesantes.
Como consecuencia deso, o equipo de biblioteca decidiu mercar máis fondos , e pasarlle un listado aos pais e nais de Infantil e 1º Ciclo, para facer préstamos directos.
¡Tentaremos telo listo canto antes!!!





