Este curso continuamos coas mochilas viaxeiras.
Dende hai 20 días están en marcha.
Este ano van "viaxar " as familias de 1º e de 6º curso de Primaria.
Neste momento hai 2 mochilas en 1º e unha en 6º.Pronto poremos a andar outra mais en sexto.
Cada familia ten en casa a mochila durante 15 días.
Dentro das mochilas hai diferentes lecturas para toda a familia.
Esperamos con gran interés as anotacións e suxerencias das familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.