Preme na imaxe para acceder aos contos.
Biblioteca do cole
27/01/12
Contos pola paz
Preme na imaxe para acceder aos contos.
Etiquetas:
Conto,
Curso 2011-2012,
Día da Paz,
Fomento da lectura
23/01/12
Cuestións de Paz
De novo temos un pequeno cuestionario para o alumnado de 3º ciclo. Trátase de cubrilo buscando a información no blog da bibliotecas. Xa sabedes, o que o cubre ben, ten premio.
Podedes retirar o cuestionario na biblioteca, ou descargalo AQUI
Podedes retirar o cuestionario na biblioteca, ou descargalo AQUI
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Día da Paz,
Educación documental
Día da Paz 2012
O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia , en memoria de Mahatma Gandhi.
Nestes días no cole aprendemos cancións, lemos contos, e dialogamos sobre a paz e a non violencia
Deixamos aqui un conto para os maiores do cole:
sc
Nestes días no cole aprendemos cancións, lemos contos, e dialogamos sobre a paz e a non violencia
Deixamos aqui un conto para os maiores do cole:
E para os máis pequenos do cole,o conto "Wangari e as árbores da paz"
Temos tamén estas actividades, para aprender máis cousas sobre a Paz:sc
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Paz
18/01/12
O conto do mes..
Na clase de Primeiro seguen esconllendo o mellor conto do mes, e a mellor poesía do mes. Esta vez votaron por un conto de "Saber máis" porque ...eles o explican
AQUÍ toda a información
AQUÍ toda a información
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Fomento da lectura
28/12/11
25/12/11
Envolver agasallos de xeito ecolóxico
Sabes canto papel se gasta en envolver agasallos? Mira como podemos evitar ese atentado contra a natureza:
¿Cómo es el Infinit-loop? from Didac Ferrer on Vimeo.
Visto en Blibliofagia
¿Cómo es el Infinit-loop? from Didac Ferrer on Vimeo.
Visto en Blibliofagia
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Ecoloxía,
Nadal
15/12/11
Lecturas para o Nadal en Primaria
Estas son as recomendacións para Primaria:
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Guías de lectura,
Nadal
Recomendacións de lectura para o Nadal en Infantil
Nos próximos días imos repartir as recomendación de lecturas para o Nadal que nos propón a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización do Morrazo :
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Guías de lectura,
Nadal
12/12/11
10/12/11
10 de Decembro-Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
07/12/11
As castaña no ourizo,,,
ESTIVEMOS APRENDENDO REFRÁNS DE OUTONO. TAMÉN FIXEMOS TRABALLOS PLÁSTICOS COS OURIZOS E AS CASTAÑAS. AQUÍ TEMOS O DE 6º DE INFANTIL:
Etiquetas:
Curso 2011-2012,
Infantil,
Outono,
Trabalinguas,
Traballos alumnado,
Videos
01/12/11
O rato e os ventos
Como xa sabedes, os nenos e nenas da aula de 4º curso, prepararon o conto de Arnold Lobel, "O rato e os ventos", para contarllo ao alumnado de 1º curso co Kamishibai. Aproveitamos o excelente traballo que fixeron para crear un pequeno video coas suas voces e ilustracións.
Etiquetas:
Arnold Lobel,
Conta que che conto,
Curso 2011-2012,
kamishibai
28/11/11
Chega o culturgal
O Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, celébrase esta fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra. Comeza o venres e ao longo de tres días contará con presentacións de libros, obradoiros infantís , actuacións musicais, entrevistas e unha chea de actividades para todo tipo de públicos .No seu Foro debatiranse propostas de desenvolvemento para este importante sector empresarial galego e facilitará a posta en contacto das empresas e a circulación de información especializada.
Conta cunha programación especial para as familias, con actividades tan variadas como obradoiros de cociña, contacontos, presentacións de discos, karaoke, maquillaxe, etc.
Consulta aquí o programa e elixe o mellor momento para apoiar esta iniciativa, tan importante para o mundo empresarial da cultura, e pasar unha divertida xornada.
Etiquetas:
Culturgal,
Curso 2011-2012
23/11/11
Contra a violencia de xénero
O vindeiro venres celébrase o Día Internaciónal contra a violencia de xénero.
No segundo e terceiro ciclo traballan o tema preparando un audivisual sobre o conto "Rosa Caramelo.
O venres teremos na biblioteca escolar o visionado de varios vídeos e contos que tratan o tema.
Mentres, deixamosvos o enlace a unha páxina de recursos elaborada na biblioteca escolar do
CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos
No segundo e terceiro ciclo traballan o tema preparando un audivisual sobre o conto "Rosa Caramelo.
O venres teremos na biblioteca escolar o visionado de varios vídeos e contos que tratan o tema.
Mentres, deixamosvos o enlace a unha páxina de recursos elaborada na biblioteca escolar do
CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos
17/11/11
O rato e os ventos no Kamishibai
Retomando a actividade "Conta que che conto" na que todos os nenos e nenas do cole somos contacontos.

Os alumnado de 4º de Primaria ilustrou paaa o kamishibai unha das historias de "Contos de ratiños". de Arnold Lobel, o conto de "O rato e os ventos".Despois forono conarlla aos pequenos de 1º de Primaria que aplaudiron moito.
Etiquetas:
Arnold Lobel,
Conta que che conto,
Curso 2011-2012,
kamishibai
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



