O conto entrou na nosa biblioteca hai xa dous anos. A profesora Mª Carmen leu o conto na súa clase de 2º curso.
Aos nenos e nenas gustoulle tanto, que foron turnándose para levalo para casa, e por o sacapenas debaixo da almofada.
O libro estivo un mes na clase de segundo, ata que todos poideron sacar as súas penas.
Despois volveu a biblioteca.
Ao pouco tempo, descubrimos que perderamos o Sacapenas. Dende entón nos gusta pensar que vive debaixo da almofada de alguén que o necesita.
Os compañeiros o CEIP A Rúa de Cangas acaban de por en marcha unha fermosa iniciativa: facer Sacapenas para enviar aos nenos e nenas de Gaza. Pulsa no libro para ver como se lles ocorreu a idaa:
E si pulsas na foto dos Sacapenas, verás como lles están quedando, e a carta que escribiron:
Animadesvos vos tamén?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.