Ola meu...:
Se a miña memoria non me engana, creo que é a primeira vez que te escribo. Non te estrañes, non é por nada malo, é que quería expresar as miñas emocións cara a ti.
Todas as noites penso no tempo pasado e quero volver a vivilo. Cantas cousas descubrín en ti, grazas a ti son o que son agora. Toda a miña infancia paseina ahí contigo e daquela non apreciaba o que era estar ahí, Caramba!.Que afortunada era!.Agora que me decato, non podo volver atrás a vivir eses momentos outra vez, que lástima!.
Cando estou coas miñas amigas da infancia poñémonos a falar e a recordar aqueles tempos nos que todas nos encontrabamos ahí, contigo, pero xa non é o que era!. Agora a xente que pasa por ti, xa non lle da aprezo ao que ten.Nós si que disfrutabamos!.Ai! Cantas aventuras, acórdaste?
Ainda que, ...como te vas acordar?.Tí non te podes lembrar porque ti só es o meu colexio, o colexio no que medrei, o colexio no que descubrín amigos para toda a vida. O colexio onde non había día no que non saíse del cun rascazo de andar a gabear, xogar e disfrutar da miña enerxía e do meu corpo xoven. Si, que tempos!
Saúdos ao meu colexio de Quintela.
P.D. Mestres, tampouco me esquezo de vós. Un bico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.