O 30 foi o Día da Paz no colexio, despois de varios días facendo debuxos, aprendendo cancións, recitando poemas, mirando películas, reflexionando nas clases,...
Tamén fixemos unha exposición de libros de Paz, na entrada do cole, e uns murais.
O venres reunímonos no patio do colexio, collidos das mans.
Todos levamos unhas pegatinas("Eu amo a paz) que preparamos o día anterior nas clases:Os nenos e nenas de 6º leron un manifesto que prepararan na clase,desexando paz.
Os máis pequenos cantaron xuntos unha canción.
Os máis pequenos cantaron xuntos unha canción.
Despois tocoulle o turno aos de 5º curso, que se estrenaron como pandereteiros e pandereteiras.
Os de 6º tocaron o himno da alegría coa flauta.
E por último soltamos unhas pombas, co desexo de que espallen a Paz.
Que actividades mais bonitas e variadas!!!!
ResponderEliminarParabéns a todos os rapaces e rapazas, e que o día da PAZ sexa todos os días.
Bicossssssss.
Raioteca.