PAZ?????????????
PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
Utopía imposíbel.
Palabra que xera poesía.
Poesía? Poesía e Paz.
Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.
Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.
Tanques de algodón
Armas de caramelo
O noso soño
O noso desexo
A nosa conspiración.
A continuación tedes na voz de tres alumnos de sexto do noso cole, algúns dos poemas que escolleron para recitar neste día:
Quédanos a palabra!!!
ResponderEliminar¡E, que ben se entenden moitas voces xuntas que dicen o mesmo!
Gustáronnos moito estes poemas. Son preciosos.
ResponderEliminarNenos e nenas de 5ºB
Que boas persoas de paz han de ser Laura, Paula, Lois e todos os que os escoiten. Parabéns polo traballo.
ResponderEliminar