29/04/07

TALLER DE ESCRITURA



Mentras non temos nas nosas mans o libriño de poesías que fumos facendo no taller de poesía,iremos poñendo algunhas delas no CLUB DE ESCRITURA.


Tamén iremos publicando algún conto dos que fixeron os alumnos e alumnas de 3º, 4º, e 5º cando traballamos o medo.


Para velos pulsa en http://osnososcontos.blogspot.com ou en CLUB DE ESCRITURA a dereita da pantalla.

26/04/07

LÙA CON LUVAS EN ABRIL


Non podían quedar os máis pequenos do colexio sen a súa sesión de contacontos. Por iso estivo con nós hoxe Lùa con luvas, que nos levou nunha viaxe imaxinaria polo mundo co seu Kamishibai (conto tradicional xaponés). Con él contounos "O gato Sol" e "Hans e a princesa" , e rematou a súa sesión regalandonos mazás para o camiño.



23/04/07

DÍA DO LIBRO


23 DE ABRIL
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
As profesoras e profesores do
colexio queremos recordarvos
que ler é unha aventura que
non remata nunca, unha
aventura qu nos sirve para
saber, para comprender,
para reflexionar, para
emocionarnos. e por suposto,
para compartir.
Por iso animamos a todos os
pais e nais a quen non deixedes
pasar esta data sen regalar ou
compartir un libro co voso
fillo ou a vosa filla. e disfrutar
xuntos dun momento de lectura
porque:
UN LIBRO É COMO UN
XARDÍN QUE SE LEVA
NO PETO.
Proverbio árabe



CONSELLOS PARA MERCAR UN LIBRO:
PARA NON LECTORES (2 A 5 ANOS)
"¿Leesme un conto?"
Para esta idade son apropiados contos moi ilustrados, grandes e con encuadernación dura, para poder disfrutalos visualmente.

PARA PRIMEIROS LECTORES (6 A 7 ANOS)
"¡Xa sei leer !"
Libros con textos breves e ilustracións suxerentes.Historias divertidas, ecolóxicas, con finais felices e tranquilizadores.

PARA OS QUE LEN BEN (8 A 9 ANOS)
"Disfrutando coa lectura"
O libro ten que ser atractivo á vista, e o texto debe ter historias de animais, suspense, acción, amigos,...Son apropiados tamén os libros instructivos. con moita ilustración, sobre animais, a terra, curiosidades, inventos, como son as cousas por dentro...

PARA LECTORES AVANZADOS (10 A 12 ANOS)
"Descubrindo o mundo coa lectura"
Nestas idades os libros de aventuras, misterio, deportes, amigos, de humor,... son os que mais lles gustan.Tamén se interesan por libros instructivos con boas ilustracións, con moitos detalles e explicacións fáciles de comprender.

¡FELIZ LECTURA!


As profesoras e profesores no Día do Libro


No día do libro os profesores e profesoras do colexio fixemos de contacontos.En cada clase o profesore leu un conto para os seus alumnos.
Máis información no CLUB de LECTURA ou pulsando aquí:http://colexio.blogspot.com

18/04/07

En Abril contacontos


Dentro da programación de Abril mes do libro, o luns estivo no noso cole Benxamín, o contacontos,para contar as súas historias ,na que os nenos e nenas son protagonistas de momentos de humor ou de maxia. Primeiro estivo cos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º, e despois cos de 6º.Fíxonos caricaturas de algúns nenos , que andan por ahí moi orgullosos...
Para a semana que ven temos algunha sorpresa tamén para os peques do cole.






¡Mira cantos contos!




Xa temos na entrada da biblioteca a exposición ¡Mira cantos contos! con parte dos libros que mercamos este curso para a biblioteca.Como xa pusemos nos carteis informativos, levamos invertidos uns 4.000 euros en fondos para a biblioteca.A maior parte son libros, pero tamén mercamos mapas, DVDs para a aula de Inglés, unha pequena colección de libros para a aula de Música, contos para as aulas de Infantil, lotes para o libro-forum...¡E PENSAMOS SEGUIR MERCANDO!

10/04/07

Abril mes do libro




Neste mes de abril hai dúas datas importantes a recordar:

-O 3 de Abril e o Día do Libro Infantil e Xuvenil,en recordo do nacemento de Hans Christian Andersen (recordade algúns dos seus contos: o patiño feo,a princesa e o chícharo, a sereiña,o soldadiño de chumbo...)

-O 23 de Abril celebrase o Día Mundial do Libro en honor a Cervantes e Shakespeare.

Por iso imos adicar o mes de Abril ao libro.Algunhas das actividades que imos realizar son:

-Exposición "¡Mira cantos contos!" de todos os libros que mercamos neste curso.

-Publicación do cadernillo de poemas que fixeron os nosos alumnos e alumnas neste curso (Edicións Quintela).

-”Conta que che conto”.Imos contar moitos contos neste mes.Para elo contamos con ex-alumnos do cole, con alumnos e alumnas de 6º curso, con algunhas nais,e por suposto,estamos nós as profesoras e profesores.


-E por suposto,seguimos coa campaña de lectura.Non esquezades seguir cubrindo os cadernos de lectura os maiores, e o álbum os pequenos, para conseguir o voso agasallo.

Saúdos e libros.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...