Neste mes de abril hai dúas datas importantes a recordar:
-O 3 de Abril e o Día do Libro Infantil e Xuvenil,en recordo do nacemento de Hans Christian Andersen (recordade algúns dos seus contos: o patiño feo,a princesa e o chícharo, a sereiña,o soldadiño de chumbo...)
-O 23 de Abril celebrase o Día Mundial do Libro en honor a Cervantes e Shakespeare.
Por iso imos adicar o mes de Abril ao libro.Algunhas das actividades que imos realizar son:
-Exposición "¡Mira cantos contos!" de todos os libros que mercamos neste curso.
-Publicación do cadernillo de poemas que fixeron os nosos alumnos e alumnas neste curso (Edicións Quintela).
-”Conta que che conto”.Imos contar moitos contos neste mes.Para elo contamos con ex-alumnos do cole, con alumnos e alumnas de 6º curso, con algunhas nais,e por suposto,estamos nós as profesoras e profesores.
-E por suposto,seguimos coa campaña de lectura.Non esquezades seguir cubrindo os cadernos de lectura os maiores, e o álbum os pequenos, para conseguir o voso agasallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.