Xa temos na entrada da biblioteca a exposición ¡Mira cantos contos! con parte dos libros que mercamos este curso para a biblioteca.Como xa pusemos nos carteis informativos, levamos invertidos uns 4.000 euros en fondos para a biblioteca.A maior parte son libros, pero tamén mercamos mapas, DVDs para a aula de Inglés, unha pequena colección de libros para a aula de Música, contos para as aulas de Infantil, lotes para o libro-forum...¡E PENSAMOS SEGUIR MERCANDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.