23 DE ABRIL
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
As profesoras e profesores do
colexio queremos recordarvos
que ler é unha aventura que
non remata nunca, unha
aventura qu nos sirve para
saber, para comprender,
para reflexionar, para
emocionarnos. e por suposto,
para compartir.
Por iso animamos a todos os
pais e nais a quen non deixedes
pasar esta data sen regalar ou
compartir un libro co voso
fillo ou a vosa filla. e disfrutar
xuntos dun momento de lectura
porque:
UN LIBRO É COMO UN
XARDÍN QUE SE LEVA
NO PETO.
Proverbio árabe
CONSELLOS PARA MERCAR UN LIBRO:
PARA NON LECTORES (2 A 5 ANOS)
"¿Leesme un conto?"
Para esta idade son apropiados contos moi ilustrados, grandes e con encuadernación dura, para poder disfrutalos visualmente.
PARA PRIMEIROS LECTORES (6 A 7 ANOS)
"¡Xa sei leer !"
Libros con textos breves e ilustracións suxerentes.Historias divertidas, ecolóxicas, con finais felices e tranquilizadores.
PARA OS QUE LEN BEN (8 A 9 ANOS)
"Disfrutando coa lectura"
O libro ten que ser atractivo á vista, e o texto debe ter historias de animais, suspense, acción, amigos,...Son apropiados tamén os libros instructivos. con moita ilustración, sobre animais, a terra, curiosidades, inventos, como son as cousas por dentro...
PARA LECTORES AVANZADOS (10 A 12 ANOS)
"Descubrindo o mundo coa lectura"
Nestas idades os libros de aventuras, misterio, deportes, amigos, de humor,... son os que mais lles gustan.Tamén se interesan por libros instructivos con boas ilustracións, con moitos detalles e explicacións fáciles de comprender.
¡FELIZ LECTURA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.