MOITAS GRAZAS POR VIR!
02/06/13
Comendo aos tres porquiños
Que ben o pasaron o venres na aula de 4º de Infantil! María, a nai de Mateo B. e Conchi, a súa tía, ademais de levarlles o conto dos 3 Porquiños narrado por Mateo e o seu pai, ensináronlles a decorar unhas magdalenas con fondant, unha especie de plastilina que se pode comer! Despois de abrandar o fondant estiráronno coa axuda dos rolos da plasti (ben lavadiños, por suposto) e comezaron a crear os nosos propios porquiños e porquiñas! Mirade que chulos lles quedaron!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.