Os hamsters ( 6º de Infantil) contestamos por fin á carta de Paco: "Para que serven as bateas? Para criar mexillóns". Aprendemos moitas cousas das bateas, pero ata o final de todo non nos demos conta que as bateas "é iso que flota no mar e que non se move". Así que nos asomamos e alí estaban... Tiñamos moita curiosidade por saber como flotaban as bateas, así que decidimos construir unha. Non foi fácil... Con dúas botellas e cuns pauciños puxemonos a traballar, e a base de probar e probar ó final fomos construindoa.
E despois de moito traballo chegou o momento de poñela a flotar....e por suposto, FLOTOU
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.