o mes de marzo chegou a nosa aula unha nova carta de Paco. Neste caso, quería saber onde se criaban os mexillóns, asi que nos puxemos mans á obra! O primeiro que fixemos foi preguntarlle ás familias e en canto comezaron a chegar as primeiras respostas, puxémonos a traballar. Se ben, esta vez o fixemos diferente: fixémolo en equipo! Entre todos decidimos como queriamos facer a resposta: se grande ou pequena, se escrita por nós ou coas respostas da casa, con debuxos ou sen eles,... Logo de moito pensar, decidímolo facer en grade, escribindo nós mesmos a resposta, decidindo que fotos queriamos pegar e facendo a nosa propia batea!
A verdade é que nos gustou moito traballar en equipo, tanto que agora todo o queremos facer deste xeito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.