30/11/09

Galicia pioneira no fomento da lectura


O xornal "La Voz de Galicia" publicaba unha noticia co titular "Galicia a la cabeza de España en el fomento de la lectura juvenil.

No artigo comentan tres actividades impulsadas dende a asesoría de bibliotecas escolares de Galicia, que as bibliotecas escolares galegas "exportamos":


Son tres experiencias que no noso centro funcionan dende hai tres cursos.
O club de lectura ten este ano dúas seccións,das que se encargan tres profesores.
A hora de ler segue a impartirse despois do recreo, durante 20 minutos, agás en Infantil, que é a primeira hora da mañá. Neste momento temos "viaxando" seis mochilas viaxeiras, dúas para cada ciclo de Primaria.

Libros de astronomía




Temos unha exposición de libros sobre astronomía nos corredores do colexio.
É unha exposición "interactiva" porque nunca están os mesmos libros.
Ímolos collendo segundo precisamos consultar algo...
Andamos moi ocupados preparando o proxecto sobre Galileo Galilei.

22/11/09

25 de Novembro

O Día 25 de Novembro é o
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Suxestións para tratar nas aulas:


Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):
"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.

Son libros que esperamos reediten pronto, porque témolos xa moi gastadiños.

Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño a forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,

e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.

Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.


Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:

Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.

Non esquezades ler o conto primeiro!!!:


Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia, que vemos en Educastur Blog :

Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .

20/11/09

A bruxa do inverno

A través de Educa con TIC descubrimos este conto tradicional arxentino, "A bruxa do inverno".
O autor da montaxe, Mario Aller (Contomundi) recoméndanos que pasemos as páxinas de xeito manual.


Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! | View Sample Photo Books | Create your own Photo Book

19/11/09

20 de Novembro, os dereitos da Infancia

O Día 20 de Novembro é o Día Internacional dos dereitos da Infancia.



18/11/09

Lecturas de ida e volta


Xa chegaron ao noso cole os contos!!!


Como xa vos contaramos, este curso participamos no programa "Lectura de Ida e Volta".da Fundación Sánchez Ruipérez, en colaboración cos colexios de Moaña CEIP de Abelendo e o CEIP de Reibón.

Cada cole ten unha colección diferente, que logo iremos intercambiando.

Nós xa temos no cole ,dende onte,a colección "¿Qué te cuentas?", para os máis pequenos do cole.

Hoxe xa empezamos a contar...
contamos patas,
estrelas e ovellas....

16/11/09

A astronomía

Dentro do proxecto anual ( a ciencia), este trimestre estamos traballando a astronomía.

Clica na imaxe, e entrarás nunha páxina que preparamos para vós, con información, fotografías, xogos,..que vos van axudar a preparar o traballo que vos encargou a mascota.


Pronto teremos na biblioteca unha exposición con libros sobre o tema.
Queres colaborar? Ven no recreo, e axuda a seleccionar os libros.

A que sabe a lúa?


Visto en Trafegando Ronseis

12/11/09

Leer.es

O Ministerio de Educación ven de presentar unha páxina chamada leer.es.

Esta páxina ten noticias, vídeos, enlaces, recomendacións de lectura, campañas,...


Ademáis ten un apartado para as familias:

E outro para aos docentes, con recursos, enlaces, banco de materiais, artigos,..

09/11/09

Magosto no cole

Mañá imos celebrar o magosto no colexio. Asaremos as castañas, e xogaremos cos trompos, bólas, ...e máis cousas.
A ver si sabedes resolver esta adiviña!:
ALTA ESTOU

LADRÓN VEXO VIR

DO MEU CARAPUCHO

NON PODO FUXIR.


"TRADICIONAL"
Déixovos aquí un enlace ao blog do cole "Poemas para peques" que ten máis poemas e adiviñas de outono.

07/11/09

Imos a aprender...cousas da ciencia

Esta semana todos os cursos recibiron carta de Paco. Este ano quere viaxar...pola ciencia. E primeiro vainos levar ao espacio.

Todos os cursos temos que lle axudar, investigando...ou facendo debuxos ou carteis,...Con todos imos facer un gran mural no que todos imos aprender de todos.

Todos temos que buscar na biblioteca, nas enciclopedias e nas biografías. E logo tamén na rede...

Xa vos iremos contando...

Aqui tedes a carta, e se queredes saber que ten que facer cada curso, entrade nos blogs dos ciclos.

INFANTIL

PRIMEIRO CICLO EN QUINTELA

SEGUNDO CICLO EN QUINTELA

TERCEIRO CICLO EN QUINTELA

05/11/09

Premio especial do Ministerio de Educación para o noso cole

Hoxe no cole de Quintela estamos moi, moi, moi contentos.
Esta mañá recibimos unha noticia estupenda:

O Ministerio de Educación comunicounos que o blog da biblioteca escolar do colexio de Quintela, dentro da convocatoria "Premios a materiales educativos en soporte eléctronico que puedan ser utilizados y difundidos en Internet" acaba de recibir o "Premio Especial a las Competencias Lectoras".

Haberá que celebralo!!!

03/11/09

Trompos,buxainas,...

Polo San Martiño

trompos ao camiño.

Polo San Amaro

trompos ao faiado.

Queres saber máis sobre os trompos ? Entra aquí:

Queres xogar ao trompo?. Entra aquí:

02/11/09

Contos de ratiños


Os de terceiro de Primaria leron, seguindo os itinerarios lectores do noso centro, "Contos de ratiños". Logo fixeron algunhas das ilustracións:


Axudantes de biblioteca


Xa empezaron a traballar os axudantes de biblioteca deste curso. Son alumnos e alumnas voluntarios de terceiro ciclo.

En parellas, e un día á semana, deben atender a biblioteca durante a hora do recreo, ademáis dalgúns traballos de organización da colección.

Antes asinaron un contrato onde se comprometen a cumprir as súas funcións. A duración do contrato é dun trimestre.

Este curso anotáronse moitos voluntarios, así que haberá que facer quendas rotatorias.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...