22/11/09

25 de Novembro

O Día 25 de Novembro é o
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Suxestións para tratar nas aulas:


Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):
"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.

Son libros que esperamos reediten pronto, porque témolos xa moi gastadiños.

Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño a forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,

e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.

Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.


Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:

Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.

Non esquezades ler o conto primeiro!!!:


Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia, que vemos en Educastur Blog :

Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .

4 comentarios:

  1. É un estupendo traballo e unha selección moi interesante de libros. Nós lemos "Nin un biquiño á forza", o outro día en 6º; é que hai libros que non teñen idade e hai momentos nos que cabe reflexionar con algo así de "simple".
    Utilizaremos as vosas propostas con moito gusto.
    Ah!, por certo, "Xela volveuse vampira" tamén nos gusta moito para traballar este tema.
    Biquiños desde a Biblio do CEIP de Pazos.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Chispa, imos buscar "Xela volveuse vampira" para engadir á colección.

    ResponderEliminar
  3. Tomamos nota da vosa selección. "Xela volveuse vampira" vaivos gustar moito.
    Saúdos dende Silleda.

    ResponderEliminar
  4. Grazas por esta selección de contos, parecen moi interesantes. Tamén me gustou o conto da Señora Rato e a súa familia.
    Saúdos dende Belesar

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...