05/11/09

Premio especial do Ministerio de Educación para o noso cole

Hoxe no cole de Quintela estamos moi, moi, moi contentos.
Esta mañá recibimos unha noticia estupenda:

O Ministerio de Educación comunicounos que o blog da biblioteca escolar do colexio de Quintela, dentro da convocatoria "Premios a materiales educativos en soporte eléctronico que puedan ser utilizados y difundidos en Internet" acaba de recibir o "Premio Especial a las Competencias Lectoras".

Haberá que celebralo!!!

31 comentarios:

  1. Grazas Antonio,o teu comemtario xa é un premio para nós!!!

    ResponderEliminar
  2. Isa, alégrome tanto, tanto, tanto, tantíiiisiiimo. Bicos e parabéns. Temos que celebrar.
    charo

    ResponderEliminar
  3. TOMA, TOMA E TOMA. Parabéns. Fantástico. Noraboa. Incrible. Moi merecido. Así me gusta, dando exemplo.
    E podería sssssseguir.
    De todo corazón, felicidades.

    ResponderEliminar
  4. Que marabilla! Nim maxinas o que me alegro, sinceramente. Parabéns, parabéns, parabéns... e moito máis. Se que o que vale, vale!

    ResponderEliminar
  5. Parabéns tamén desde o CEIP de Andrade. Un premio ben merecido.
    Sempre un blog de referencia dentro dos biblioblogs escolares.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Pois claro que o hai que celebrar! Eu a o estou facendo: nada máis ler a noticia, entráronme aquí unha unhas coxegas no estómago que... ¡ai, que ben men sinto!
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  7. Oeeeee, oe, oe, oe, oeeeeeee, oeeeeee!!!!!!
    Porque é un premio ben merecido, porque o celebramos como se fora noso, porque as cousas ben feitas sempre teñen a súa recompensa, porque sodes fantásticos, por todo esto e por moitísimas cousas máis PARABÉNS!!!!!
    Moreas de bicos dende Fene

    ResponderEliminar
  8. É unha estupenda noticia. FELICIDADES!!

    ResponderEliminar
  9. Alegámonos moitísimo. Un bo traballo e unha merecida recompensa. Os nosos PARABÉNS a todo o profesorado, o alumnado e, en especial a ti, Isa.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. Isa: sabes que a ledicia e doble, ou triple. Menudo subidón. Tantos esforzos ás veces obteñen recompensas tan gratas coma esta. Estamos con vós nestes momentos de tan inmensa alegría. PARABÉNS

    ResponderEliminar
  11. BEN, BEN, BEEEEEEEEEEEEEN!!!
    Co corazón, Isa, alégrome co corazón.
    Tanto traballo e tan ben feito tiña que ser recompensado antes ou despois.
    Transmite a nosa felicitación a todo o claustro e un bico moi moi quentiño para ti.

    ResponderEliminar
  12. As nosas felcitacións tamén dende Cervo, Estas cousas axúdannos a todos a ter a moral alta e a seguir traballando. O dito: unha aperta moi grande.María

    ResponderEliminar
  13. Grazas a todos por estar aí, e compartir con nós esta alegría.
    Biquiños dende Moaña

    ResponderEliminar
  14. Parece que non chegou a nosa mensaxe de felicitacións. Como non queremos que falte: NORABOA dende As Mariñas.

    ResponderEliminar
  15. Noraboa Isa!!! O bo traballo sempre atopa a súa recompensa!!!
    Alegrámonos de corazón dende Ponteareas.

    Apertas como páxinas

    Bea

    ResponderEliminar
  16. Muchas felicidades!!!
    Patricia
    Biblioteca Pino Manso

    ResponderEliminar
  17. Grazas de novo a todos, e tamén aos compañeiros dos coles de Moaña, que se pasaron por aquí para felicitarnos, ou mesmo subiron unha entrada nos seus blogs, coma a biblioteca de Milladoiro-Malpica, ou de Reibón-Moaña.

    ResponderEliminar
  18. Dende a Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Moaña, darvos de novo a miña norabóa polo traballo na vosa biblioteca en prol do fomento da lectura entre os mais novos. Darlle os parabéns a Isa polo seu esforzo e empeño neste proxecto e animarvos a que sigades adinte.
    Recoñecer por último que nestes momentos tan duros para o Idioma, este premio significa mais ca nunca que o Idioma Galego pode e debe ser valorado tanto dentro do Pais coma do Estado.
    A todos os peques do cole, animarvos que sigades lendo e participando da vosa biblioteca e do voso blog, porque é do mellorciño de Galicia e España.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  19. Felicidades dende o Ceip Reibón.
    A nosa Reibonteca faise eco de tan merecido premio
    ¡¡¡¡¡¡Parabens!!!!!!!

    ResponderEliminar
  20. Bicos, bicos, moreas de bicos, Isa. NORABOA!!!
    Supermerecido recoñecemento para quen levades tanto e tanto traballo ás vosas costas.
    Recolledes neste outono os froitos de moito tempo ben empregado. Unha aperta moi agarimosa desde Ferrol.

    ResponderEliminar
  21. Noraboa por ese premio tan merecido.
    Unha aperta
    A tartaruga lectora

    ResponderEliminar
  22. Noraboa por ese merecido recoñecemento. Apertas dende Rábade.

    ResponderEliminar
  23. Biblioteca do Condesa10:56 do 9 de novembro de 2009

    Noraboa por un premio ben merecido

    ResponderEliminar
  24. NORABOA!
    Acabamos de chegar de Navarra e ao ir poñéndonos ao día nos atopamos con esta boísima nova. Parabéns, porque os merecedes de verdade.
    Bicos desde Taragoña.
    Cova

    ResponderEliminar
  25. Dende o CEIP A Rúa, unha aperta e un bico grandote, grandote por este premio tan especial. Alegrámonos como se fose noso!! A seguir facendo as cousas a mar de ben!!

    ResponderEliminar
  26. NORABOAS ISA !!!

    Sei ben do teu traballo neste blogue e do esforzo e o agarimo que dende o primeiro día, cando este espazo de lecer tan só era unha pantalla vacía, puxeches nel.

    As cousas, cando se fan TAN TAN BEN e coidando tanto os detalles, sempre acadan a súa recompensa.

    Alégrome moito, MOITISIMO.
    Unha aperta,
    Carol

    ResponderEliminar
  27. Noraboa tamén desde Cabanas. Para vós ten que ser un subidón, pero para os demais tamén é un empuxonciño. Seguide facéndoo así de ben. Moitos bicos,
    Libroucho

    ResponderEliminar
  28. Grazas a todos de novo.Seguimos co subidón,...

    ResponderEliminar
  29. Aínda que sexa con retraso non quero deixar de darvos os meus parabéns e animarvos a que sigades co mismo ánimo.

    ResponderEliminar
  30. Os nosos parabéns, con retraso, por tan merecidísimo premio. Sodes un blog especial e o voso traballo é impecable. Noraboa!

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...