30/04/09

Por qué nos gustan tanto as novelas de misterio?


Con esa pregunta iniciaron o pasado martes a xuntanza do Club de lectura do cole. Esta vez o libro para comentar era "La mano negra".
Para ambientarse levaron unha man negra, unha pipa, libros de ciencia forense,..e unhas galletas. Máis información no Club de lectura


27/04/09

Exposición de libros


Os días anteriores ao Día do libro, tivemos na nosa biblioteca unha exposición de libros das librerías de Moaña. Aquí quedan unhas fotos.
As librerías colaboraron aportando libros de todo tipo, que os nenos e nenas curiosearon, e algúsn anotaron título e editorial dos libros que máis lles interesaron.


Nos cursos dos máis pequenos as profes leron para eles os contos que máis lle chamaron a atención.
As familias viñeron ver os libros o martes pola tarde e toda a maña do mércores. Pola tarde volveron as librerías, e alí vos esperan,...
Esta é unha experiencia que queremos repetir.

23/04/09

Diplomas no día do libro


Hoxe, Día Internacional do Libro, o director do cole entregou diplomas e agasallos ao alumno/a de cada clase que máis libros da nosa biblioteca leva en préstamo dende que se iniciou este curso.
Tamén se concederon diplomas en tres categorías máis: familias, profesorado, e personal laboral do centro.

Todos o alumnado leva ademais un folleto, dirixido fundamentalmente asfamilias, para que coñezan horarios, servicios,espazos, normas de préstamo,..da nosa biblioteca.

20/04/09

En abril ....contos!

Onte tivemos a sorte de que Xosé Manuel González,máis coñecido como OLI, viñera a contar os seus contos aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.
Oli naceu en Cangas,onde vive e é mestre do Ceip Reibón,ainda que exerceu boa parte da súa vida profesional no colexio do Hío.Traductor e especialista en Literatura Infantil, foi o creador da colección "O parrulo" de Ir Indo onde publicou "Este é o medo",ilustrado por Pepe Carreiro.

É coordinador editorial de Kalandraka,na colección "Demademora" e codirector de "Sete leguas"da mesma editorial.Colaborou tamén con Galaxia na que ten publicado "Conto para non comer" que foi incluído na White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional do Múnic.

Chegou co seu maletín cargado de contos e unha musiquiña especial. O primeiro en visitarnos foi o Pirata Pata de Lata,o singular pirata e sen dúbida o preferido para o grupo de cinco anos. Seguíronlle as "Once damas atrevidas" que tiveron o atrevemento de contarnos o conto do dereito e do revés.

Antón,o neno sen ganas de comer captou toda a atención dos máis pequenos,non había máis que mirarlle as caras para saber se gozaran coa sesión. Os do primeiro ciclo poideron compartir tamén as aventuras de "Iria e a lúa"pero no momento de elexir o seu preferido ,todos os contos tiveron un grupo de nenos aos que lles gustou especialmente..

Curso de sexto presenta...Abril mes dos libros

Os alumnos e alumnas de sexto traballaron na miniquest sobre Abril mes dos libros.
Esta é a presentación que fixeron:

Exposición de libros no cole

O martes 21 de Abril, e o mércores 22 teremos na biblioteca do cole unha exposición de libros prestados polas librerías de Moaña. É unha fermosa colección de libros, que podedes curiosear, e mesmo ler.
Este exposición é para as familias.
Non esquenzades que o vindeiro xoves, Día Internacional do Libro, as librerías faran un desconto pola compra de libros.

Horario da exposición:
Martes de 4 a 6.
Mércores de 9 a 2.30
Grazas as librerías de Moaña pola súa colaboración !!

19/04/09

De volta dos Encontros


Xa estamos de volta dos Encontros.

Este ano somentes os "novos" no Plan de Mellora poideron ter dous días de traballo. Os demais incorporámonos o segundo día.

Tamén Jose Luis Barreiro, da Unidade de atención a centros, falounos un pouco da plataforma Moodle.

Como novidade,a Asesoría de Biblitotecas pon a nosa disposición un enlace onde descargar as ponencias.Si queres consultalos, entra como convidado.

A interesantísima conferencia de Gloria Durban retransmitiuse en directo na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Como outros anos, as distintas ponencias fannos cuestionar ou reflexionar sobre as prácticas concretas na nosa biblioteca.

Tamén os conversas e debates c@s responsables de outras bibliotecas son moi importantes para nós.

Traemos a axenda chea de citas e direccións para intercambiar experiencias e ideas.

Agora quédanos trasladar o alí escoitado ao equipo de biblioteca do noso cole, para millorar as prácticas na nosa biblioteca, e xuntas enfocar o novo proxecto para o curso que ven.
Grazas as asesoras Cristina e Pilar por tanto traballo e tan ben feito.
Máis información en :

15/04/09

Encontros do Plan de Mellora

O 16 e 17 de abril celébranse en Santiago os Encontros do Plan de Mellora de bibliotecas escolares 2008/2009.
Nestes encontros reúnense os responsables das bibliotecas escolares integradas no Plan de Mellora de bibliotecas.
A nosa biblioteca forma parte do Plan de Mellora dende o curso 2006/2007.
Estes Encontros son para recibir formación sobre diferentes aspectos da biblioteca escolar, para intercambiar experiencias, e para tomar contacto con tantos compañeiros e compañeiras que comparten con nós preocupacións, intereses e ilusión.
Alí estaremos !!!!

Máis información en Hora de ler

Letras galegas 2009

O equipo de Normalización do cole preparou unha páxina con recursos e información sobre Ramón Piñeiro, persona homenaxeada este ano. Podedes vela no blog Dinamiza Normaliza , ou entrando directamente a traves da imaxe:

14/04/09

Xoga cos protagonistas dos libros

Buscando na rede, atopamos dúas páxinas que lles van gustar moito aos nenos e nenas de cuarto curso.

Por un lado, temos a páxina "oficial" de Gerónimo Stilton. Preme na imaxe para entrar.


Pero tamén temos a páxina das WITCH. Queredes saber como as debuxan, como crean os personaxes? Entrade a curiosear.!!!

07/04/09

Carta de Jose Luis Sampedro

Queremos ensinarvos esta carta do escritor José Luis Sampedro. Nela explica o motivo polo que se opón á intención de que as bibliotecas públicas fagan pagar a cada usuario 20 céntimos por libro prestado en concepto de dereitos de autor.
É moi fermosa:
Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante.. Era suya porque la había creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus ‘clientes’ éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.
Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos. Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo.. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas. Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos. Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.
Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario, al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo..
Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:
a) obtiene algo a cambio.b) es objeto de una sanción.
Y yo me pregunto: ¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo? ¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura?
Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?.¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?. ¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?.¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos? Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura? ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos? No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.
Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña.
¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!
José Luis Sampedro

06/04/09

Entrena a velocidade lectora

Atopamos en Educarex esta ferramenta interesante para entrenar a velocidade lectora .Está feita pola Consejería de Educación de Extremadura.
Adícalle uns momentos, verás que interesante.

http://contenidos.educarex.es/mci/2005/29/
Hoxe recibimos unha doble sorpresa dende o blog Raioteca da biblioteca do CEIP Andrade, e dende Biblioblogreboreda:
Concederonnos o premio "Olla que blog Maneiro", que quere dicir, mais ou menos,: "Mira que blog tan creativo, tan bonito...".Moitas grazas por este agasallo!

Este premio ten as seguintes normas:- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.

Nós pasamos o premio a:
Agabel (Asociación Galega polas bibliotecas escolares)

04/04/09

Os de quinto e a publicidade

Os nenos e nenas de 5º curso, despois de traballar a publicidade na súa aula, fixeron estes divertidos anuncios.

02/04/09

Empezando o traballo

Hoxe os nenos e nenas de terceiro ciclo do noso cole empezaron a traballar na miniquest para elaborar murais e presentacións de diapositivas sobre Abril, mes dos libros.

Aquí tedes a parte do curso de sexto traballando, e abaixo quédavos a entrada á miniquest.





Contacontos mes de abril

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e nós fixémolo dun xeito moi especial.

Os alumnos do IES Paralaia de Moaña viñeron contar contos aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.

Desde a biblioteca sempre nos gustou contar cos máis vellos do cole para esta actividade,pero desde hai dous cursos forma parte do Proxecto de Dinamización e Normalización dos dous centros.Os beneficios para uns nenos e outros son claros. Algúns nenos do noso cole agardan a súa visita, con especial interés:"meu irmán,que está no instituto,vai a vir a este cole..." Alí estaban Andrea, Denís, María, Jose, Martín, Laura, Dani,..., que ainda o curso pasado estaban con nós.
Estes son algúns dos contos que contaron.




01/04/09

Ler para saltar, correr, rodar

As profes de Educación Física do noso cole, Khaty, e a do cole da Rúa de Cangas, María, traballan estes días os contos cos nenos e nenas de Infantil dun xeito moi orixinal:

As profes len os contos, e os nenos fan o mesmo que os protagonistas.

Os contos escollidos son :
"Sen rumbo polo mundo,Catarina e o Oso" e "Catarina, o Oso e Pedro", ambos da autora e ilustradora Khristiane Pieper, e publicados por Kalandraka.

No primeiro conto, Catarina e o Oso saen de paseo, camiñan, saltan, ...e desprazanse de diferentes maneiras.
No segundo conto aparece Pedro, curmán de Catarina, que é un neno que ten que moverse en cadeira de rodas.
E agora unha pregunta: ¿sabedes cal é o nome completo da profe Khaty? Pois si, acertastes.
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...