01/04/09

Ler para saltar, correr, rodar

As profes de Educación Física do noso cole, Khaty, e a do cole da Rúa de Cangas, María, traballan estes días os contos cos nenos e nenas de Infantil dun xeito moi orixinal:

As profes len os contos, e os nenos fan o mesmo que os protagonistas.

Os contos escollidos son :
"Sen rumbo polo mundo,Catarina e o Oso" e "Catarina, o Oso e Pedro", ambos da autora e ilustradora Khristiane Pieper, e publicados por Kalandraka.

No primeiro conto, Catarina e o Oso saen de paseo, camiñan, saltan, ...e desprazanse de diferentes maneiras.
No segundo conto aparece Pedro, curmán de Catarina, que é un neno que ten que moverse en cadeira de rodas.
E agora unha pregunta: ¿sabedes cal é o nome completo da profe Khaty? Pois si, acertastes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...