Onte tivemos a sorte de que Xosé Manuel González,máis coñecido como OLI, viñera a contar os seus contos aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.
Oli naceu en Cangas,onde vive e é mestre do Ceip Reibón,ainda que exerceu boa parte da súa vida profesional no colexio do Hío.Traductor e especialista en Literatura Infantil, foi o creador da colección "O parrulo" de Ir Indo onde publicou "Este é o medo",ilustrado por Pepe Carreiro.
É coordinador editorial de Kalandraka,na colección "Demademora" e codirector de "Sete leguas"da mesma editorial.Colaborou tamén con Galaxia na que ten publicado "Conto para non comer" que foi incluído na White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional do Múnic.
Chegou co seu maletín cargado de contos e unha musiquiña especial. O primeiro en visitarnos foi o Pirata Pata de Lata,o singular pirata e sen dúbida o preferido para o grupo de cinco anos. Seguíronlle as "Once damas atrevidas" que tiveron o atrevemento de contarnos o conto do dereito e do revés.
Antón,o neno sen ganas de comer captou toda a atención dos máis pequenos,non había máis que mirarlle as caras para saber se gozaran coa sesión. Os do primeiro ciclo poideron compartir tamén as aventuras de "Iria e a lúa"pero no momento de elexir o seu preferido ,todos os contos tiveron un grupo de nenos aos que lles gustou especialmente..
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Se nota que han disfrutado mucho.
ResponderEliminar