31/03/09

Día Internacional do libro Infantil

Dende hai uns anos celébrase o Dia Internacional do libro Infantil. O cartel oficial encargase cada ano a un pais. Este ano foi Exipto o pais elexido, e o ilustrador Hani D. El-Masri. Lembrade: o día foi escollido por ser o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen. Aqui deixamos, de novo, un vídeo sobre a súa vida.

Libros e cartas

No CLUB DE LECTURA do cole temos algunhas recomendación de libros que son cartas , ou relacionados con elas.


Entra no club de lectura, para saber deles


30/03/09

Ler para cantar


O venres o alumnado de Primaria do noso cole asistiron a un concerto organizado pola Escola municipal de música. Os músicos eran profesores e alumnos da Escola.
O concerto xiraba arredor do conto “A que sabe a lúa?” de Michael Grejniec, editado por Kalandraka.
A presentación foi fantástica. Mentres proxectaban as páxinas do conto cunha pequena animación, a profesora de piano ía contando o conto, con referencias literarias a outros contos ( a cebra Camila, o león chorón,...).

Os diferentes instrumentos ían poñendo voz aos personaxes do conto: Frautas, clarinetes, piano,saxofóns, trompeta,...Cantamos, batemos palmas,...gustounos moito.

28/03/09

Estamos de aniversario


Hoxe estamos de aniversario: o noso blog cumple dous anos .

O 28 de marzo de 2007 publicamos a primeira entrada neste blog.

Dende entón, xa levamos 255 entradas, mais de 130 comentarios, e cerca de 12.000 visitas.
A sombra deste blog, foron nacendo os diferentes blos do noso cole:

Estes foron os primeiros comentarios que recibimos en BIBLIOTECA DO COLE:
Loly
Noraboa!! Esperamos poder compartir con vós este mundo dos blogs dentro de moi pouco. Unha aperta dende Fene.
26 de marzo de 2007 23:34

Estefania
Ola!! Son unha antiga estudante do colexio de Quintela, Tifany, por si me lembra algún dos profes. Quero felitaros, xa que a biblioteca pegou un cambio radical pra mellor dende que eu estudiaba ata agora!! Noraboa!!! Un saudo e unha aperta!
28 de marzo de 2007 14:53

Caufield
moi boa a iniciativa!eu tamén estudei en Quintela e gardo moi bos recordos, alégrome que siga así de bonito!un saúdo!

18 de abril de 2007 11:16

Gabriela
Los felicito, Es un blog divertido para los niños y para sus papás, una buena vía de comunicación entre todos y una manera de que los padres nos enteremos de todo lo que pasa con los niños en el Cole. El trabajo que han hecho se refleja en la página, es bonita, amena e informativa. MUY BUEN TRABAJO, ENHORABUENA!Gabriela (Mamá de Limi, 1º de primaria)
18 de abril de 2007 11:21
GRAZAS A TODOS E TODAS POR SEGUIRNOS.

27/03/09

Webquest Abril mes dos libros

A punto de empezar Abril, iniciamos un mes de moitas actividades na nosa biblioteca:
Exposicións, contacontos,ilustradores,entrevistas, visitas, traballos plásticos,..

Para eso contamos coa colaboración de pais e nais, librerías de Moaña, ex- alumnos , profesorado do cole, e alumnado.

Na próxima semana faremosvos chegar a programación.

Mentras, quedavos aquí un enlace a miniquest que preparamos dende a nosa biblioteca, para os alumnos e alumnas de 3º Ciclo.
A investigar!!!!:

( ¿Lembras o que é unha webquest? : é unha nova forma de aprender, usando os recursos da web).

25/03/09

Nova xuntanza do Club de lectura

Hoxe reuníronse, de novo,os nenos e nenas do Club de lectura do cole.
O libro que van ler e comentar nas xuntanzas do club é "Las aventuras de la mano negra"de Hans Jürsen Press.
Con este libro cambian totalmente de estilo literario. Si queres saber máis do libro, e do club de lectura, pulsa no libro:

22/03/09

Finalistas para o premio Irmandade do libro

Enterámonos hai uns minutos que a Federación de Libreiros de Galicia acaba de seleccionarnos como finalistas para o premio Irmandade do libro, na súa categoría de Centros de Ensino, xunto co Ceip San Martiño, de Salcedo, e o IES Blanco Amor de Ourense.
A nosa alegría e doble, posto que na categoría de "Fomento da Lectura" seleccionan tamén a Lonxa literaria de Moaña.
Grazas a cultura galega.org, temos esta información:

A Federación de Libreiros entregará o vineiro 28 de marzo no Carballiño os premios Irmandade do Libro na súa edición número dezaoito.
O gañador na categoría de autor foi desta volta Xabier P. Docampo, que recibirá unha estatuíña e mais un cheque por valor de 2.000 para adquirir libros.
Canda ao premio de Docampo, esa noite coñeceranse os galardóns nas diferentes categorías: mellor libro, fomento da lectura, institucións, librarías, editorial e centro de ensino.

FINALISTAS DOS XVIII PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO
Fomento da lectura:
Biblioteca Pública de O Porriño
Bibliotecas Públicas da Coruña
Asociación Cultural Lonxa Literaria, de Moaña
Centros de ensino:
CEIP de Quintela – Moaña
CEIP San Martiño, de Igrexa-Salcedo –Pontevedra
IES Blanco Amor, de Ourense
Institucións:
Casino de Santiago
Asociación Cultural IES Rosalía de Castro
Liceo Recreo Ourensán
Librarías:
Andel do Libro Galego e Portugués
Libraría Porta da Vila, de Viveiro
Libraría Paz, de Pontevedra
Mellor libro do ano 2008:
Fin de século en Palestina. Miguel Anxo Murado. Editorial Galaxia.
Festina lente. Marcos S. Calveiro. Edicións Xerais de Galicia.
O xardín das pedras flotantes. Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia
Obra editorial do ano 2008:
As flores do mal. Ed. Galaxia.
Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais.
Colección rescate. Alvarellos editora.

Outras ligazóns:
Vieiros

El correo gallego

El progreso

Galicia Hoxe

18/03/09

Día da Poesía

O 21 de Marzo celébrase o Día da poesía.
Este ano a proposta que fixemos dende o equipo de biblioteca foi traballar a poesía "asociada" á música. Por iso seleccíonamos unha poesía por curso, para traballala e recitala cunha música axeitada.
Nalgúns cursos aproveitamos os recursos que temos na rede, como Poemas para peques, para escoller e ler poemas que nos gusten, ou Son de poetas, para escoitar poemas musicados.
Aqui tedes o folleto que enviamos ás familias.
Como decía Celso Emilio Ferreiro:
"A poesía é unha fogueira, queimémonos nela"

Queres descargar o boletín? Preme nel, para entrar na páxina onde temos todo o que enviamos ás familias.

As fotos do Salón do Libro

O LUNS 9 DE MARZO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FOMOS DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA PARA VISITAR O SALÓN DO LIBRO, QUE ESTE ANO ESTABA ADICADO Ó AMOR E APROVEITAMOS PARA VISITAR TAMÉN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.

13/03/09

Fina Casalderrey

O xoves os nenos e nenas do Club de Lectura recibiron a visita da escritora Fina Casalderrey. Asistiu tamen a charla o resto do alumnado de 3º ciclo.

Durante 60 minutos, a escritora respondeu as numerosas preguntas que lle foron facendo os alumnos sobre os seus libros, os personaxes, as cousas nas que se inspira, a idade na que empezou a escribir,os libros que lle gustaban cando era nena,...
A escritora foilles contando moitas vivencias, que tiveron prendida a súa atención, fíxonos rir, sorrir, e mesmo emocionarse.
Foi unha experiencia inesquecible, e agradecemoslle moito a súa presencia.
Aquí tedes algunhas fotos:


Entra aquí para ver algúns dos seus premios:


10/03/09

Os nenos e nenas de Infantil no Salón do Libro


Os nenos e nenas de Infantil visitaron onte o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten como tema central o "Amor".



Alí viron entre outras cousas, espazos ambientados polo alumnado de Belas Artes de Pontevedra, unha mostra de libros, e a exposición "Amor polas Aulas" con traballos feitos en diferentes centros escolares.
A autora homenaxeada nesta edición foi Fina Casalderrey.

09/03/09

Fina Casalderrey no Club de lectura

O luns pasado houbo no recreo outra xuntanza do Club de Lectura do cole.
O libro que comentaron era "A lagoas das nenas mudas" de Fina Casalderrey.

Por eso o vindeiro xoves os membros do club de lectura van recibir a visita da escritora, e poderán facerlle preguntas sobre o libro.

Mentras esperan a súa visita lendo outros libros da escritora:

Aqui vos queda a páxina oficial da escritora:

08/03/09

Día da muller traballadora en Moaña

Hoxe, no día da muller traballadora, o concello de Moaña vai rendir un homenaxe a tres mulleres xa fallecidas, dando o seu nome a tres rúas :
Constantina Pérez Calvar,que foi "parteira" durante mási de 60 anos.
Purificación P: Prado, mestra propietaria da escola de nenas, que exerceu ata 1941, e foi a primeira concelleira que houbo en Moaña
Maria Martín, que foi concelleira en Moaña, e diputada por Pontevedra no Parlamento de Galicia, e morreu como consecuencia dun accidente de tráfico no 2002.
O luns haberá unha conferencia no concello sobre o papel da muller no mundo da medicina, impartida por Xavier Castro, profesor de Historia da Universidade de Santiago, e Amancio Caamaño, médico.
O martes a conferencia será sobre o papel da muller no mundo do ensino, e as conferenciantes van ser Marta Lameiras da Universidade de Santiago , Elisa de la Peña, profesora do IES A Paralaia, e a pedagoga Antía Cal

07/03/09

Contos de sempre,finais diferentes

Xa que nestes días celebramos o Día da muller traballadora, aquí tedes uns contos cun final diferente, que nos chegan grazas a un blog que nos gusta moito, o da Escola unitaria de Vide:

06/03/09

Rosa caramelo, un conto pola igoaldade.

Había unha vez, no país dos elefantes,...

Queres saber como continúa? Entra na ilustración:



Este conto gústanos moito, moito,...

Día Internacional da muller traballadora

O día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora.
Escolleuse ese día por ser o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iork, cando defendían os seus dereitos como traballadoras.
Tedes máis información nestas páxinas:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Día_da_Muller_Traballadora
No Ceip Milladoiro de Malpica dixeron aquí unha estupenda webquest sobre as Mulleres na Historia de Galicia.Non a perdades!





E no blogue Dinamiza Normaliza do noso cole tedes un vídeo moi interesante:
http://dinamizanormaliza.blogspot.com/2009/03/8-de-marzodia-da-muller-traballladora.html

05/03/09

kamishibai, teatro de papel



O Kamishibai , que significa "teatro de papel",é unha forma de contar contos moi popular en Japón.

Consiste nun teatriño, con diferentes láminas de papel, e un texto por detrás, que o narrador vai lendo.

No cole acabamos de mercar un, e pronto empezarán as "funcions".

Mentras esperades, a biblioteca pública de Moaña ten previsto para o venres 6 as 6 da tarde a actuación de Marisa Irimia, co Kamishibai, para os nenos e nenas de5 a 9 anos.


Máis información, na páxina da biblioteca:


04/03/09

Onde viven os monstros


Cando Max puso o seu disfraz de lobo, entraronlle unhas ganas irrefrenables de facer travesuras,....
Así comenza o conto de "Onde viven os montros" .
Queres saber a continuación?
Mira o vídeo:



Pide o libro na nosa biblioteca!!!

03/03/09

Darwin

Esta ano celébrase o ano de Darwin, por ser o 200 aniversario do seu nacemento.

Charles Darwin foi un naturista creador da teoría da evolución.Preme enriba do libro para ler un conto sobre a súa vida:

Os alumnos e alumnas de sexto están preparando un traballo de Darwin, que logo deberán expoñer na clase de 5º curso.


Por eso, var ir publicando no seu blog unha serie de entradas con xogos, información, contos, vídeos e diferente material.


Estade atentos ao blog de sexto

01/03/09

A libraría Lello

Grazas ao Segrel do Penedo, temos coñecemento desta fermosa libraría, a Libraría Lello de Porto.
A disfrutar!:

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...