28/03/09

Estamos de aniversario


Hoxe estamos de aniversario: o noso blog cumple dous anos .

O 28 de marzo de 2007 publicamos a primeira entrada neste blog.

Dende entón, xa levamos 255 entradas, mais de 130 comentarios, e cerca de 12.000 visitas.
A sombra deste blog, foron nacendo os diferentes blos do noso cole:

Estes foron os primeiros comentarios que recibimos en BIBLIOTECA DO COLE:
Loly
Noraboa!! Esperamos poder compartir con vós este mundo dos blogs dentro de moi pouco. Unha aperta dende Fene.
26 de marzo de 2007 23:34

Estefania
Ola!! Son unha antiga estudante do colexio de Quintela, Tifany, por si me lembra algún dos profes. Quero felitaros, xa que a biblioteca pegou un cambio radical pra mellor dende que eu estudiaba ata agora!! Noraboa!!! Un saudo e unha aperta!
28 de marzo de 2007 14:53

Caufield
moi boa a iniciativa!eu tamén estudei en Quintela e gardo moi bos recordos, alégrome que siga así de bonito!un saúdo!

18 de abril de 2007 11:16

Gabriela
Los felicito, Es un blog divertido para los niños y para sus papás, una buena vía de comunicación entre todos y una manera de que los padres nos enteremos de todo lo que pasa con los niños en el Cole. El trabajo que han hecho se refleja en la página, es bonita, amena e informativa. MUY BUEN TRABAJO, ENHORABUENA!Gabriela (Mamá de Limi, 1º de primaria)
18 de abril de 2007 11:21
GRAZAS A TODOS E TODAS POR SEGUIRNOS.

9 comentarios:

Mik dijo...

Parabéns!! Dous anos sendo unha referencia dentro da blogosfera e dos biblioblogs. Gracias pola vosa xenerosidade e noraboa por tan estupendo traballo.
Unha aperta

O Segrel do Penedo dijo...

Felicidades!!!!
Parabéns por estes dous anos amosando e compartindo o voso magnífico traballo.
Apertas dende Fene.

Marina dijo...

Pois a nosa cordial noraboa dende Arzúa, é un pracer ver como se vai envellecendo e embellecendo pouco a pouco. Feliz cumpreanos e que cumprades moitos máis e nós que esteamos aquí para velo.

Andrade39A dijo...

Feliz cumpreanos!!!
Parabéns polo traballo que amosades e compartides neste fantástico blog que nos temos como blog de referencia.
Unha aperta.
Raioteca.

olga dijo...

Paraebns, noraboas,achuchóns, veliñas, tirónciños nas orellas...¡e moitos días máis de traballos e satisfaccións!
Para nós é un placer lervos.

Laura e Paula dijo...

Cumpreaños feliz... cumpleaños feliz.... te deseamos todos... cumpreanos feliz...jaja

Moitos biquiños Laura e Paula

Antonio Martínez dijo...

Parabéns por tan fermoso acontecemento. Desde Oleiros deséxovos que cumprades moitos coa mesma ilusión e gañas de traballar como ata agora.
Felicidades.

Biblioafonso dijo...

Desde a biblioteca do IES Afonso X O Sabio de Cambre queremos enviarvos as nosas máis quentes e agarimosas felicitacións. Bo traballo.

bibliotecadocole dijo...

Grazas amigos e amigas bibliotecarios.Grazas alumnas de sexto jaja, aquí seguiremos dando a lata,..

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas