O curso pasado, o noso colexio traballou nun proxecto de formación que nos levou todo o ano: Educando as emocións.Nese proxecto, os contos tiveron moita importancia, pois nos serviron de partida para recoñecer as propias emocións, tanto as negativas como as positivas, e reflexionar sobre elas.
Este curso, dende a biblioteca quisemos darlle un pouco de continuidade a ese traballo e escollemos unha emoción moi "literaria" para traballar: O medo.
Para eso dotamos a nosa biblioteca dunha gran cantidade de libros de medo, que podedes buscar no noso catálogo (por materias "medo" ou "contos de medo").Os contos os leimos na hora de ler, e falamos sobre as cousas que nos dan medo. Ademais todo o cole escribiu nunhas fichas as cousas que nos asustan.
Os nenos e nenas de Infantil e Primeiro visitaron o Salón do Libro de Pontevedra (que ía sobre o medo),e fixeron moitos traballos plásticos: pantasmas e arañas que colgan dos pasillos.
Os maiores escribiron historias de medo,e fotografiaronse poñendo caras terroríficas que puseron nos pasillos do colexio (sin ningún pudor).Por último decoramos o noso cole de unha maneira terrorífica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.