31/10/07

O samain



A noite do 31 de outubro comenza o ano novo celta ,e a súa festa en honor dos defuntos, o Samain.
Ata hai trinta anos, celebrabase en moitas aldeas de Galicia esta festa.Collíanse cabazas, tallabanse unhas caras feroces, e deixabanse nos camiños para asustar á xente que pasaba.


Hoxe estase a recuperar cada vez máis a tradición do Samaín.Nos contribuimos a recuperar a tradición enchendo o cole de cabazas terroríficas.

30/10/07

¿Que len os nenos e nenas na hora de ler?





No blog da campaña de Fomento da lectura “Hora de ler” da Consellería de Educación Universitaria, contannos que as nenas e nenos entre 10 e 13 anos son os que máis len, especialmente as nenas.

Nós entramos na aula de 6º curso (11, 12 anos ), durante a "hora de ler ", e esto é o que están lendo:

De momento esto é o que len en 6º curso:



¿A vós que vos parece?

27/10/07

Novas recomendacións



No CLUB DE LECTURA temos novas recomendacións de lecturas .Son de algúns alumnos e alumnas de 3º que andaban pola biblioteca, collendo libros.

25/10/07

Hora de ler

E . por suposto, seguimos coa "Hora de ler"

Temos xa algunhas fotos da hora de ler,no noso ALBUM DE FOTOS.

Iremos subindo algunha máis. Gústanos ver a variedade de lecturas que escollen.Tamén é curioso de ver as posturas que adoptan cando están moi concentrados, e relaxados.

23/10/07

Hora de ler,folleto para as familias,contacontos...


Pouco a pouco imos facendo todo o que proxectamos para esta semana.



Tivemos os contacontos para os peques do cole.
(Mais fotos en ALBUM DE FOTOS )



Repartimos carnés novos, e pegatinas.

(Podedes descargala ,igoal que o folleto,en

AS NOSAS PUBLICACIÓNS)

Enviamos un folleto explicativos para as familias,para informarlles da "hora de ler",e pedirlles o seu apoio a esta actividade.




E os maiores , tiveron de contacontos aos seus profesores e profesoras.




Mañán tócanos escoller lemas, ¡A ver que sae!

21/10/07

Día das bibliotecas escolares



Nesta semana celébrase o día das bibliotecas escolares.No noso cole imos celebralo con diferentes actividades:


O luns imos estrear novo mobiliario da biblioteca. ¡Non paramos! Queremos que sexa a biblioteca máis bonita.


O martes ides levar para casa un marcapáxinas, e o novo carné da biblioteca.Este curso teñen novo diseño.¡Esperamos que vos guste!


O mércores os máis pequenos do cole, dende 4º de Infantil ( 3 anos ) ata 1º de Primaria van ter un contacontos na biblioteca. O resto dos nenos e nenas terán sesións de contacontos ao cargo dos seus titores.Ademáis levaredes para casa un bonito folleto de Paco, a nosa mascota , para os vosos pais e nais.

Tamén repartiremos unha pegatina diseñada polo equipo de biblioteca para esta ocasión .


O xoves, cada curso vai escoller un lema relacionado co libro e a lectura, que utilizaremos para a próxima publicación da biblioteca.¡Vainos ser moi difícil escoller!


O venres, teremos na aula de aula de Música e Audiovisuais, unhas montaxes de contos, nas que os vosos profesores e profesoras poñerán a voz.¡Están traballando moito para facelo ben!


E , por suposto, seguimos coa "Hora de ler" ,un momento diario de silencio, paz e disfrute.¡Que orgullosos e orgullosas estamos de vós!

20/10/07

Xornadas de bibliotecas escolares


Este fin de semana estanse a celebrar as
"Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia" en Santiago , co lema "Ler ao dereito.O dereito de ler", organizadas pola asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia.Un lugar onde reflexionar sobre a lectura na escola,un lugar para aprender.

E alí estaremos as vosas profesoras, Inés, Ana, Isa, Belén e Paula, para cargarse de ideas, de proxectos e de amigos que comparten o noso interés e ilusión por unha biblioteca escolar dinámica, chea de actividades e de libros.
Máis sobre estas xornadas nos seguintes blogs:

16/10/07

Trompos, peóns, buxainas


"Polo San Martiño,trompos ó camiño;polo San Amaro,trompos ó faiado"
Chega o tempo de xogar ao trompo, peón, buxaina,...que todos estes nomes valen.





Hai varias maneiras de xogar. A máis usual é en grupo.:


Faise un círculo no chan e botanse os trompos a bailar dentro do círculo, de onde non poden sair.


As veces xógase a ir chocando e botando fora do círculo aos trompos rivais.



Pero si queres xogar un pouco dende esta páxina, pulsa aqui, e a ver cantos puntos
fas.

09/10/07

Non poidemos negarnos

As compañeiras do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do cole pedíronnos que mostraramos dende estas páxinas este vídeo.¡E non poidemos negarnos!



E a vós ¿Qué vos parece?

07/10/07

O deseo de ler


"Contagiar el deseo de leer es como contagiar cualquier otra convicción profunda: sólo se puede conseguir, o mejor intentar, sin imposiciones, por simple contacto, imitación o seducción....

En algunos países han establecido la hora del silencio en la cual todo el personal debe permanecer callado y con un libro en las manos, desde la directora hasta el conserje, y aplicarse en la lectura."

03/10/07

Hora de ler



Como os compañeiros e compañeiras do colexio de Pazos de Ferrol nos tamén imos comenzar a partir do luns 8 de outubro a "hora de ler"

A "hora de ler " vai ser unha sesión diaria, de 20 minutos,adicada a lectura individual. Un tempo para relaxarse e disfrutar do pracer de ler dentro da aula. Un paréntesis dentro do día .
Os nenos e nenas de Infantil vanno facer a primeira hora da mañá, e os alumnos e alumnas de Primaria ,á volta do recreo.
¿Preparados? ¡FELIZ LECTURA!

01/10/07

Novas de outras bibliotecas escolares

Os compañeiros da biblioteca escolar do IES Afonso X o Sabio de Cambre acaban de publicar no seu blog Biblioafonso o resultado dunha enquisa feita ao alumnado. A biblioteca resulta ser o servicio educativo máis valorado.Dende aquí queremos felicitar aos compañeiros polo seu estupendo traballo.
Aquí tedes unhas imáxenes da biblio.


Create Your Own
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...