Nesta semana celébrase o día das bibliotecas escolares.No noso cole imos celebralo con diferentes actividades:
O luns imos estrear novo mobiliario da biblioteca. ¡Non paramos! Queremos que sexa a biblioteca máis bonita.
O martes ides levar para casa un marcapáxinas, e o novo carné da biblioteca.Este curso teñen novo diseño.¡Esperamos que vos guste!
O mércores os máis pequenos do cole, dende 4º de Infantil ( 3 anos ) ata 1º de Primaria van ter un contacontos na biblioteca. O resto dos nenos e nenas terán sesións de contacontos ao cargo dos seus titores.Ademáis levaredes para casa un bonito folleto de Paco, a nosa mascota , para os vosos pais e nais.
Tamén repartiremos unha pegatina diseñada polo equipo de biblioteca para esta ocasión .
O xoves, cada curso vai escoller un lema relacionado co libro e a lectura, que utilizaremos para a próxima publicación da biblioteca.¡Vainos ser moi difícil escoller!
O venres, teremos na aula de aula de Música e Audiovisuais, unhas montaxes de contos, nas que os vosos profesores e profesoras poñerán a voz.¡Están traballando moito para facelo ben!
E , por suposto, seguimos coa "Hora de ler" ,un momento diario de silencio, paz e disfrute.¡Que orgullosos e orgullosas estamos de vós!
Da gusto disfrutar coa/en/desde a vosa Biblioteca.
ResponderEliminarParabéns
Venres e sábado nas Xornadas e hoxe domingo organizando as actividades para o Día das Bibliotecas Escolares. É que non parades!!
ResponderEliminarParabéns
Non paramos,non, pero e que estes alumnos e alumnas nosas merecen todo o noso esforzo...
ResponderEliminarGústame a vosa páxina. Teño envexa do voso ritmo. ¿Como o facedes?
ResponderEliminarParabéns.
ola somos Eva,Patricia e Lucía:
ResponderEliminarQue tal lles vai os profesores ?
A nos moi ben Lucía aproboutodas e Eva sacou un 10 en matematicas,Patricia un 9'75.
Aos profes vainos moi ben, sabendo que as nosas alumnas andan por ahí sacando notazas, e lembrándose de nós.¿Biquiños para as tres!
ResponderEliminar