As cadeiras da biblioteca andan ás voltas todos os días. Onte os cursos de 3º e 4º asistiron a unha intensa sesión de animación á lectura arredor dos contos de Miguel Anxo Alonso. Tróuxonos os seus últimos títulos, "O soño de Esther"e "A nena que non deixaban ser feliz" e contou, ou máis ben fixo vivir (como sempre di), "O Cullarapo Croque".
Pero a sesión foi aínda máis aproveittada cando nos amosou a través dun pequeno vídeo como se desenvolve a edición dos seus libros, presentádo os profesionais que interveñen no proceso e o espazo físico no que ten lugar. Puidemos ver os "ferros", que son as placas das que se copian as impersións en papel, e tamén as pranchas xa impresas, antes de que corten as páxinas para encadernalas.
Foi moi interesante e as cualidades didácticas do autor axudáronnos a entender un pouco mellor como se fai un libro, o obxectivo do equipo de biblioteca .
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.