07/05/14

Gracia Santorum e o álbum ilustrado

Empezou dicindo que non era especialista en nada, pero nós sabiamos que dominaba amplamente o ámbito do ÁLBUM ILUSTRADO.
 Chegou cargada cunha maleta chea de xoias da literatura ilustrada, e así foi como os corenta asistentes puidemos pasear as nosas mans e os nosos ollos polas obras dos imprescindibles do álbum ilustrado.
  Saun Tan, Van Allsburg, Quentin Blake, Tomi Ungerer, Jean Brunhoff, Quint Buchholz,Suzy Lee, Innocenti,... etc foron algúns dos autores  que tivemos nas mans ao longo dunha  tarde máis que satisfactoria. 
 A charla suscitou moitísimo interese entre o profesorado, do noso e doutros centros dos arredores, e tamén entre as nais do equipo de biblioteca que asistiron e gozaron coma nós da charla de Gracia Santorum.
Nunca acabaremos de agradecerlle que nos visitara e compartira o seu tempo e saber con todos nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...