28/10/11

Fai unha cabaza dixital

Lembrades este xogo? Entrade para facer unha cabaza:

24/10/11

Día da bibliotecas escolares

Hoxe celébrase o Día das bibliotecas escolares.

Por eso a nosa mascota da biblioteca, o ratiño "Paco" envíou unha carta a todos os nenos e nenas, para que xuntos busquen na biblioteca a resposta as súas preguntas.
E Paco non se esquece tampouco das familias, por eso envioulles unha carta a todas as nais e pais, para que saiban coussas da nosa biblioteca escolar.

15/10/11

A primeira visita á biblioteca

Os pequenos e pequenas de 4º de Infantil fixeron a súa primeira visita á "biblioteca de Paco". En realidade era a mirioteca, a vidioteca, bidoteca.... en fin pronto aprenderán a decir biblioteca, pero o que lles quedou claro é que alí había moitísimos contos e que Paco (aínda non sabemos moi ben se é un rato ou unha persoa) tiña moitas sorpresas para eles.

O primeiro que fixeron foi xogar con Paco a un xogo de apropiación do espazo, no que unha silueta de Paco era agachada polos diferentes recunchos da biblioteca. As zonas que debían identificar nesta sesión eran:

- a zona dos contos de 
etiqueta azul

- a zona dos contos de etiqueta vermella

- a zona dos contos de etiqueta verde

- o ordenador para prestar contos

-o ordenador para utilizar os nenos e nenas

-a zona para  sentar e ler.

Gustoulles moito xogar con Paco e así de contentos se poñían cando atopaban a silueta. En sesións posteriores, practicaremos xogos que permitan coñecer a colección dedicada a súa idade.

12/10/11

O blog colectivo da biblioteca pública

A biblioteca Pública de Moaña ten un blog colectivo, onde as persoas que queiran participar poden escribir sobre libros e lectura.
Podedes atopar opinións sobre "La tia Mame" de Patrick Dennis, etc, "Flora Poste y los artistas" de Stella Gibbons, "El piano" de Jean Echenoz, etc

Recursos para a educación documental

Dende a biblioteca escolar do CEIP Víctor Saínz chéganos unha estupenda selección de recursos para a formación de usuarios da biblioteca escolar, e a educación documental. Deixamos un enlace no menú lateral, porque imos a usalo moito. Tamén podes entrar clicando na imaxe:

10/10/11

Mochilas en marcha

A semana pasada empezaron a sua andaina as mochilas viaxeiras, cargadas de libros para as familias. De momento hai unha en cada curso de Primaria, pero pronto teremos máis.
Boa viaxe e boas lecturas para todos!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas