15/10/11

A primeira visita á biblioteca

Os pequenos e pequenas de 4º de Infantil fixeron a súa primeira visita á "biblioteca de Paco". En realidade era a mirioteca, a vidioteca, bidoteca.... en fin pronto aprenderán a decir biblioteca, pero o que lles quedou claro é que alí había moitísimos contos e que Paco (aínda non sabemos moi ben se é un rato ou unha persoa) tiña moitas sorpresas para eles.

O primeiro que fixeron foi xogar con Paco a un xogo de apropiación do espazo, no que unha silueta de Paco era agachada polos diferentes recunchos da biblioteca. As zonas que debían identificar nesta sesión eran:

- a zona dos contos de 
etiqueta azul

- a zona dos contos de etiqueta vermella

- a zona dos contos de etiqueta verde

- o ordenador para prestar contos

-o ordenador para utilizar os nenos e nenas

-a zona para  sentar e ler.

Gustoulles moito xogar con Paco e así de contentos se poñían cando atopaban a silueta. En sesións posteriores, practicaremos xogos que permitan coñecer a colección dedicada a súa idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...