13/05/11

Crónica da entrega de Premios

Esta vez encargámoslle a Óscar e Noa, os alumnos que foron a Madrid a crónica do día:

Máis fotos no album do Segrel do Penedo. Clica AQUÍ

12 comentarios:

  1. Dende O Segrel, non queremos deixar de felicitarvos, outra vez e mil máis, polo fermoso momento que nos fixéchedes pasar na BNE. Como xa vos dixen ali, foi emocionante e un motivo máis de orgullo escoitarvos ler tan ben o conto da "La cebra Camila"
    Parabéns ás profes Isa e Belén, a Iván Costa e a todos os que fixéchedes posible ese momento tan máxico nunha xornada para a lembranza.
    Apertas de mel dende Fene

    ResponderEliminar
  2. Quero expresar os meus parabéns a todo o claustro do CEIP de Quintela, a todo o alumnado e moi especialmente a Isa e a Belén e desexarlles que non perdan o ánimo e as ganas de seguir traballando nesa liña.
    Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
  3. Eu que estiven alí e o vín, dou fe de que Noa e Óscar leron de marabilla o conto da Cebra Camila... que os debuxos das nenas e nenos do CEIP de Quintela eran moi fermosos, que todo o mundo quedou abraiado co ben que lían estes dous nenos, que non parecían nada, nada, nervosos... e que todos os galegos que alí estabamos nos sentimos ben fachendosos deles... que foron unha estupenda representación de todas as bibliotecas escolares galegas, e de todas as nenas e nenos que nelas, cada día, buscan e comparten información e lecturas. Parabéns!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Óscar e Noa, xa sodes dous dos que sentirnos orgullosos, xunto con todo o voso cole. Polas crónicas seica que lestes moi ben, cousa que non nos sorprende tendo esa marabilla de biblioteca. Pero pobres profes que quedaron sin avión.

    ResponderEliminar
  5. Noraboa por ese premio tan merecido e por esa lectura tan espectacular.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  6. Parabéns Quintela!
    Que acto tan emocionante e fermoso preparastes! Grazas por facer que todas as bibliotecas galegas nos sintamos orgullosas.
    Noraboa Óscar e Noa pola vosa crónica e polo ben que soou á Cebra Camila en Madrid.

    Bicos desde Taragoña

    Cova

    ResponderEliminar
  7. Grazas a todos polos cariñosos comentarios.Para a pequena "familia" que somos o cole de Quintela foi un gran orgullo ter a oportunidade de poder representar a gran familia que somos as bibliotecas escolares de Galicia.
    Os profes estamos ademais moi orgullosos de Óscar e Noa e de todo o resto dos nosos alumnos que nos acompañan sempre nesta marabillosa aventura que é aprender xuntos.

    ResponderEliminar
  8. ¿Chego tarde? Pois, aínda así, emociónome con esa crónica; síntome orgullosa deses nenos, deses profes, deses cole... e de quen fai que todo isto sexa posible.
    GRAZASSSSSS!!!

    ResponderEliminar
  9. Noraboa a toda a vosa comunidade educativa por o recoñecemento a un traballo tan inmeso e constante.
    Unha apreta dende o CEIP VÍCTOR SÁENZ DE MAZARICOS

    ResponderEliminar
  10. Xa pouco queda por dicir. De novo PARABÉNS!!!! tamén dende o cole de Andrade. Que boa canteira temos nas Bibliotecas Escolares Galegas. É un orgullooooooooooo...

    ResponderEliminar
  11. Algo tarde pero coa mesma emoción das persoas que xa comentaron con anterioridade, quixera felicitar a toda a comunidade educativa do cole, especialmente a eses cativos protagonistas e ao equipo da biblio.

    ResponderEliminar
  12. as de vide si que chegamos tarde a felicitaros, pero... Non sabedes o orgullosas que nos sentimos hoxe pola mañán lendo a vosa crónica e mirando as fotos!
    SODES @S MELLORES!!!!!!

    AS VOSAS ADMIRADORAS

    A COMISIÓN DE BIBLIOTECA DE VIDE.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...