01/04/11

Neira Cruz, Violeta e Rosa

Pillada lendo en Outubro do 2010
Unha das limpadoras do cole de Quintela chámase Rosa.
A Rosa gústalle ler.
Cando pasa polo expositor de novidades, sempre se apoia nel, e le.
A semana pasada estaba no expositor "Violeta non é Violeta" e leuno.
E gustoulle moito.
Cando soubo que nos ía visitar o autor, Xosé A. Neira Cruz, quixo que lle pediramos unha adicatoria do autor.
Nós pedímoslla, pero a el alegroulle tanto saber que a Rosa lle gustara o seu libro, que onte pola tarde apareceu de sorpresa no
cole de Quintela.
Quería coñecela, e  trouxolle un libro de agasallo.
Foi moi bonito e emotivo.
Rosa e X.A. Neira Cruz na biblioteca do cole.

7 comentarios:

  1. Unha historia exemplar do que é unha Biblioteca "viva". Parabéns!!!

    ResponderEliminar
  2. Rosa: unha muller que honra ó seu nome.
    O meu respeto e admiración.
    Que sorte ten Rosa de tervos a vós... e vós de tela a ela.
    E todos nós de facr parte desta historia.
    E un bico

    ResponderEliminar
  3. Que historia tan preciosa e conmovedora, mesmo parece un conto. É certo que a lectura é ilusión e fantasía. Encántame.

    ResponderEliminar
  4. Bonita historia, grazas por compartila.

    ResponderEliminar
  5. Que fermosa historia para seguir crendo no poder da lectura, que atopa amigos onde menos o esperas... Grazas por compartir a alegría de compartir.

    ResponderEliminar
  6. Noraboa a Rosa, unha historia digna dun conto. A vós, parabéns polo voso blog.

    ResponderEliminar
  7. Noraboa Rosa!! por ser como eres e por ter a sorte de ter unha escola tan especial como a de Quintela. Unha escola, e unha biblioteca da que aprendemos tanto a "comisión da Biblioteca de Vide"

    Unha apreta dende Vide

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...