Pillada lendo en Outubro do 2010 |
Unha das limpadoras do cole de Quintela chámase Rosa.
A Rosa gústalle ler.
Cando pasa polo expositor de novidades, sempre se apoia nel, e le.
A semana pasada estaba no expositor "Violeta non é Violeta" e leuno.
E gustoulle moito.
E gustoulle moito.
Cando soubo que nos ía visitar o autor, Xosé A. Neira Cruz, quixo que lle pediramos unha adicatoria do autor.
Nós pedímoslla, pero a el alegroulle tanto saber que a Rosa lle gustara o seu libro, que onte pola tarde apareceu de sorpresa no
cole de Quintela.
Quería coñecela, e trouxolle un libro de agasallo.
cole de Quintela.
Quería coñecela, e trouxolle un libro de agasallo.
Foi moi bonito e emotivo.
Rosa e X.A. Neira Cruz na biblioteca do cole. |
Unha historia exemplar do que é unha Biblioteca "viva". Parabéns!!!
ResponderEliminarRosa: unha muller que honra ó seu nome.
ResponderEliminarO meu respeto e admiración.
Que sorte ten Rosa de tervos a vós... e vós de tela a ela.
E todos nós de facr parte desta historia.
E un bico
Que historia tan preciosa e conmovedora, mesmo parece un conto. É certo que a lectura é ilusión e fantasía. Encántame.
ResponderEliminarBonita historia, grazas por compartila.
ResponderEliminarQue fermosa historia para seguir crendo no poder da lectura, que atopa amigos onde menos o esperas... Grazas por compartir a alegría de compartir.
ResponderEliminarNoraboa a Rosa, unha historia digna dun conto. A vós, parabéns polo voso blog.
ResponderEliminarNoraboa Rosa!! por ser como eres e por ter a sorte de ter unha escola tan especial como a de Quintela. Unha escola, e unha biblioteca da que aprendemos tanto a "comisión da Biblioteca de Vide"
ResponderEliminarUnha apreta dende Vide