08/09/10

Proxectos para este curso

Ola nenos e nenas!
Este verán andiven moi atarefado, indo á praia (que verán máis bo tivemos, non si?), lendo os libros de verán que levei para min da biblioteca (Historias de monte e praia) , e facendo amigos.

Este verán andiven moito por Moaña, fun a praias ás que nunca fora, fixen un curso de windsurf, recorrín moitos sitios bonitos, coñecín a moita xente,..
E pensei que tiñamos que facer entre todos unha grande investigación sobre Moaña, a súa costa, as súas xentes, os seus lugares. Así poderemos pedirlle a axuda ás nosas familias, e estrear un cadernos de investigación que estou a preparar para vós,.. Convertirnos en periodistas e fotógrafos.

Que vos parece?

Pronto nos vemos e vos conto máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...