15/09/10

Empezamos a andar

Estes días a biblioteca recibe montones de libro dos préstamos de verán: libros para as familias que pasaron o verán nas casas de nenos e nenas do cole.

Ademáis, empezamos xa a andar:


  • Mañá haberá na biblioteca escolar unha xuntanza no recreo para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo que queiran ser axudantes de biblioteca neste curso.Os voluntarios asinarán un "contrato" coas tarefas que deberán realizar durante os recreos que estén de "garda".
  • O equipo de nais e pais de apoio á biblioteca escolar xuntaránse nos próximos días para traballar nos diferentes proxectos de participación das familias de este curso.
  • Abrírase tamén o prazo para os alumnos e alumnas que desexen formar parte dos clubs de lectura.

  • "Paco" ,a mascota do cole, prepara a súa maleta para levar contos aos nenos e nenas de 4º de Infantil, que pronto virán á coñecer a biblioteca escolar.

    Como a crisis tamén nos chega a nós, por primeira vez dende hai catro anos, este curso o concello non nos envía auxiliar de biblioteca. Todos e todas teremos que traballar máis!

2 comentarios:

  1. Saúdos de BENVIDA dende o cole de Andrade. Xa vemos que comezades "a toda máquina".
    Un diseño novo do blog moi bonito.
    Bicosss de Raioteca para o Rato Paco.

    ResponderEliminar
  2. Saúdos para os compañeiros e compañeiras de Andrade.Bo curso e moitas lecturas!

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...