05/05/10

Terceiro ciclo e a Galipedia


O alumnado de terceiro ciclo está preparando novas entradas para a Galipedia ( a wikipedia en galego).
Os de sexto prepararon a súa: Primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco, mestre gaiteiro de Moaña.

A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.

Antes acudiran a Aula de catalogación de instrumentos tradicionais onde o gaiteiro explicoulles e ensinoulles o uso de moitos intrumentos alí expostos, e contestou ás súas preguntas.
Clica na imaxe para ver a páxina


O curso pasado o terceiro ciclo creou a de Iván Costa Blanco.

2 comentarios:

olga dijo...

É fermoso sentir que se crea coñecemento, que se divulga...que son protagonistas do saber...
Parabens a quen ensina e promove esta actitude activa.

bibliotecadocole dijo...

Grazas Olga.Aos rapaces encántalles a idea de contribuir co seu traballo a ampliar a enciclopedia

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas