10/05/10

Como se fai un libro?


O venres pasado, dous profesores do Departamento de Artes Gráficas do I.E.S. Montecelo ( Pontevedra ), viñeron dar unha interesantísima charla ao alumnado do terceiro ciclo.
Como se fai un libro? era o tema da charla.
Empezaron explicando a historia do libro, para continuar falando do proceso de elaboración : dende a idea inicial do escritor ou escritora ata a chegada dos exemplares ás librarías
.Axudáronse de imaxes na pantalla para ilustrar todo o proceso.. Tamén nos amosaron obxectos que se utilizan na edición artesanal. Ao final regaláronlle ao alumnado un traballo troquelado: un cartón cortado e dividido de tal xeito que se convirte nun lapiseiro en forma de moucho.
Resultou unha charla moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

1 comentarios:

Bibliobelesar dijo...

Non parece doado facer un libro...pero sí divertido!
Dende Belesar, con cariño, enviamos a Paco un agasallo para o blog da bibli. Bicos dende Belesar
http://bibliobelesar.blogspot.com/2010/05/agasallo-para-o-blog.html

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas