Despois das vacacións, estamos de volta de novo.
Estas son as actividades que están en marcha:
- Os axudantes de biblioteca (alumnos e alumnas voluntarios de 3º ciclo) renovan esta semana os seus "contratos" por outros tres meses. No equipo de biblioteca estamos moi satisfeitos do grupo deste curso, pois toman con moita seriedade o seu traballo.
- Continuamos co noso proxecto anual, (a ciencia) que no primeiro trimestre adicamos á astronomía e neste estará dedicado aos inventos.
- Seguimos co baúl de contos "¿Que te cuentas?" da campaña "Lecturas de Ida e Volta" da Fundación Sánchez Ruipérez, pero a finais desta semana cambiarémolos pola colección de libros informativos "Para saber más y más" para o alumnado de segundo e terceiro ciclo.
- Unha vez máis, estamos cambiando a distribución da biblioteca, xa que o aumento de alumnado no cole obríganos a maximizar o espazo para poder traballar na biblioteca.Esperamos que vos guste. Pronto subiremos as fotografías, en canto rematemos.
- O Nadal trouxo un montón de novidades na biblioteca. Estamos fichando moi rápido, para que poidades disfrutalos pronto.
- E, por suposto, seguimos cos itinerarios lectores, os clubs de lectura, a hora de ler, as mochilas viaxeiras,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.