12/01/10

Falece Miep Gies

Lemos hoxe no diario "El País" que faleceu Miep Gies, á idade de 100 anos.

Miep Gies axudou á familia de Anna Frank a esconderse dos nazis.

Era a secretaria de Otto Frank, o pai de Anna e colaborou levándolles víveres ao almacén onde permaneceron escondidos durante 25 meses, ata que foron descubertos polos nazis.

Miep Gies atopou os diarios de Anna Frank e gardounos ata que, rematada a guerra, puido devolverllos a Otto Frank, único membro da familia que sobreviviu aos campos de exterminio nazi.

O diario, que Anna recibira de agasallo no seu 13 aniversario, narra a vida durante o tempo que permaneceron escondidos.
Dende a súa publicación, no ano 1947, é un dos libros máis lidos no mundo.



Na biblioteca escolar tedes varios exemplares do diario de Anna.
Se queres ler algúns fragmentos do diario, preme aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...