25/12/09
23/12/09
A tele galega estivo no cole
A semana pasada estivo a televisión galega no noso cole:
Espera uns segundos a que cargue o vídeo, antes de darlle a play.
Espera uns segundos a que cargue o vídeo, antes de darlle a play.
17/12/09
Edicións Quintela

Este curso, dentro do proxecto de Normalización do centro, os alumnos de Primaria temos previsto un intercambio co CEP Brea Segade de Taragoña.
Para irnos coñecendo, nós editamos uns libros que lles enviamos:
"Estes somos nós" é a nova colección, composta de momento por catro títulos:
A clase de Primeiro
A clase de Segundo
A clase de Terceiro
A clase de Cuarto.
De cada un dos títulos publicamos dous exemplares, Un queda no cole, e o outro enviámosllo ao cole Brea Segade de Taragoña.
Eles enviáronnos un vídeo para presentarse, que vimos hoxe e gustounos moito.
Etiquetas:
Curso 2009-2010,
Edicións Quintela,
Intercambio,
Normalización
16/12/09
Capitan Calabrote
Vemos en Trafegando Ronseis este conto que tanto nos gusta. Buscádeo na nosa biblio.
Etiquetas:
Biblioteca escolar,
Curso 2009-2010,
Lectura
15/12/09
Ultima hora
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.
A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

Aviso,
Curso 2009-2010
11/12/09
Guías de lectura para o Nadal
Pronto repartiremos no cole as guías de lectura para o Nadal.
Son libros recomendados para Infantil e Primaria que nos gustan.
Este ano, como novidade, as guías están feitas polos coordinadores de Normalización Lingüística do Morrazo, e repartiranse na maioría dos centros:
A primeira é a de Infantil, e a outra de Primaria.
Nos esquezades poñelo en pantalla completa, para velo mellor:
PRIMARIA:

Guías de lectura,
Lectura,
Nadal,
Recomendacións
10/12/09
Un pouco de todo
Os nenos e nenas de segundo remataron estes días un bonito mural para decorar un poema de outono que fixeron entre todos. No blog do seu ciclo, Primeiro ciclo en Quintela, podedes velo.
O alumnado de sexto está facendo uns folletos turísticos de diferentes sitios de Galicia.
Podedes velo no blog de Terceiro ciclo.
En terceiro curso ilustraron e adaptaron o libro de "Rata linda de Compostela " de Bernardino Graña. En Segundo ciclo en Quintela
Os nenos e nenas de Infantil seguen descubrindo os tesouros que garda o baúl de contos de "Lecturas de Ida e Volta".
Xa vos irán contando, que andan moi ocupados co Nadal

09/12/09
Dereitos humanos
O 10 de Decembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos .
É o día no que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Entrando na foto podes facer un xogo sobre dereitos humanos da Cruz Vermella Española:
É o día no que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Entrando na foto podes facer un xogo sobre dereitos humanos da Cruz Vermella Española:
Etiquetas:
Curso 2009-2010,
Dereitos humanos
08/12/09
Lecturas de ida e volta en Infantil

Bibundé é a historia dun pingüín que non se quería bañar. Pero é moi aventureiro e valente, tanto que ao final o logra.
Ás pelotas , os nenos e nenas de 5º de Infantil, gustoulle o conto porque:
- Bibundé é moi divertido.
- É simpático.
- Axuda ao aviador.
- Bótase á auga aínda que non lle guste.
- Non ten medo nas súas aventuras.
Este conto tan divertido chegounos desde a Fundación Sánchez Ruipérez, en Salamanca,dentro do programa "Lecturas de Ida e Volta".
Xa vos iremos contando que segredos garda a caixa que nos mandaron.
Rata Linda
Os nenos e nenas de terceiro ilustraron outro dos libros que leron nos itinerarios lectores: "Rata linda de Compostela" de Bernardino Graña:
No blog de segundo ciclo tedes o outro conto que ilustraron este curso.
No blog de segundo ciclo tedes o outro conto que ilustraron este curso.
Etiquetas:
Curso 2009-2010,
Itinerarios lectores,
Lectura
06/12/09
Os clubs de lectura de Quintela

Estes días houbo xuntanzas dos clubs de Lectura do cole:
O día 26 de novembro tiveron a xuntanza os nenos e nenas do Club de Lectura de 5º.
Puxéronlle nome ao club: "Amigos de aventuras".
Falaron sobre o libro:“ La canción de Amina” que lles gustou moito e que recomendan ler.
O día 4 de decembro fíxose a xuntanza do Club de Lectura de 6º.
O libro que comentaron foi "As bruxas" de Roaldh Dhal.
Algúns disfrazáronse para a ocasión.
Tamén lles gustou moito o libro.

Máis información e fotos en "Club de lectura".
Etiquetas:
club de lectura,
Curso 2009-2010
03/12/09
Conto de Nadal
"Cuento de Navidad" é unha novela escrita por Charles Dickens en 1843.É a historia dun avaro que non quere celebrar o Nadal, nin que ninguén dos que o arrodean o faga.
Pouco a pouco o espíritu do Nadal ...
Mellor deixamos que investiguedes o final da historia.
Tedes o conto na biblioteca, nunha estupenda adaptación de Vicens Vives.
A que o adiviñades? Pois si, a película está nos cines.
O trailer oficial:
Etiquetas:
Cine,
Curso 2009-2010,
Lectura
Onde viven os monstros
"Onde viven os monstros" de Maurice Sendak, é un fermoso álbum de gran éxito en todo o mundo dende a súa publicación, en 1963.Está editado en galego por Kalandraka dende o ano 2000.
O libro conta a historia de Mak, un neno traste que fuxe a un mundo imaxinario poboado de monstros. As ilustracións son fermosas.O 18 de decembro vaise estrenar unha película baseada no libro.
Esperamos impacientes a estrea. Mentres, podemos pasarnos pola biblio do cole para lembrar o conto.
Esperamos impacientes a estrea. Mentres, podemos pasarnos pola biblio do cole para lembrar o conto.
Aquí vos deixamos un trailer da película:
A biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica recoméndanos o enlace dunha web americana onde diferentes ilustradores mostran as súas versións do conto.
Tamén tedes unha entrada no blog Trafegando Ronseis.
Etiquetas:
Cine,
Curso 2009-2010,
Lectura
02/12/09
Premios á innovación en normalización lingüística
No CEIP Quintela volvemos a estar de noraboa!!!:
Veñen de publicarse os Premios á Innovación en Normalización Lingüística nos centros escolares.
O noso centro é un dos premiados co proxecto : "En galego pola rede".
O proxecto deberá desenvolverse no curso 2009/2010.
Aquí tedes a lista dos premiados:
CEIP Aguiño, Ribeira (A Coruña)
CEIP A Gándara-Sofán, Carballo (A Coruña)
CEIP A Pedra, Bueu (Pontevedra)
CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)
CEIP Quintela, Moaña (Pontevedra)
IES Menéndez Pidal (A Coruña)
IES Sardiñeira (A Coruña)
Debido á calidade dos proxectos presentados, concédense ademais 4 accésit.
IES Félix Muriel, Rianxo (A Coruña)
IES Perdouro, Burela (Lugo)
IES Rodeira, Cangas (Pontevedra)
IES Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)
Como podedes ver, no Morrazo estamos de noraboa, pois tres dous seus centros están nestas listas.
Se queredes toda a información, clicade AQUÍ
Parabens aos demais centros!!!

EDNL,
Innovación Lingüística,
Normalización,
Premio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)