03/12/09

Onde viven os monstros

"Onde viven os monstros" de Maurice Sendak, é un fermoso álbum de gran éxito en todo o mundo dende a súa publicación, en 1963.
Está editado en galego por Kalandraka dende o ano 2000.
O libro conta a historia de Mak, un neno traste que fuxe a un mundo imaxinario poboado de monstros. As ilustracións son fermosas.
O 18 de decembro vaise estrenar unha película baseada no libro.Esperamos impacientes a estrea. Mentres, podemos pasarnos pola biblio do cole para lembrar o conto.
Aquí vos deixamos un trailer da película:



A biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica recoméndanos o enlace dunha web americana onde diferentes ilustradores mostran as súas versións do conto.
Tamén tedes unha entrada no blog Trafegando Ronseis.

4 comentarios:

  1. casuaalidades de días!!!:
    http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/12/onde-viven-os-monstros.html
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Un libro maravilloso. Na nosa biblioteca ten moito éxito. Tamén esperamos ansios@s a peli.
    Unha aperta dende Pontedeume.
    Encarna.

    ResponderEliminar
  3. A principios de novembro fixemos unha entrada no blog sobre esta marabilla: http://bemilladoiro.blogspot.com/search/label/ilustradores
    Non deixedes de ver a web americana que enlazamos na que varios ilustradores interpretan o texto de Sendak. ¿Unha gozada!
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Grazas colegas.Deixamos na entrada os vosos enlaces para completar a información.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...