31/10/09

Asterix e Obelix

Estamos no ano 50. A Galia enteira está ocupada polos romanos...Toda?. Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda resiste ao invasor,....

Estes días o famoso cómic Asterix e Obelix está de aniversario: Cumple nada menos que 50 anos. O primeiro álbum saíu o 29 de outubro de 1959.
Este cómic creado por René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante), ten a peculiaridade de gustar igual a maiores e pequenos.
Se entras na imaxe(cabeceira da rede de bibliotecas Meiga estes días) poderás acceder ao sitio oficial de Asterix e Obelix:




Na nosa biblioteca atoparás a súa colección. Recordamosche algúns títulos:
Asterix e os xogos olímpicos (inolvidable o momento en que a burocracia casi os fai perder)
Asterix en Hispania.
Asterix e Cleopatra
Asterix e a cizaña
Asterix dos belgas,...

Máis:

Páxina non oficial de Asterix e Obelix.

Asterix na Galipedia

Asterixe en Vieiros


26/10/09

Biblioteca escolar

Hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, o noso alumnado recibiu de agasallo un marcapáxinas e un folleto informativo sobre o uso da nosa biblioteca escolar.
É interesante que o leades con calma, pois a miúdo pregúntannos polo sistema de préstamo para as familias.Por iso habilitamos un espazo específico para elas, onde atopan narrativa actual, pero tamén manuais de pedagoxía dirixidos ás familias, e outros temas que nos van suxerindo.



Hoxe tamén informamos ao alumnado de 5º e 6º que mañá no recreo anotaremos aos voluntarios para axudantes de biblioteca.
Os axudantes de biblioteca colaboran no recreo no orden e cumplimento das normas.Para elo asinan un "contrato" que terá un trimestre de duración, con posibilidade de continuar outro trimestre.

Si queres ver a guía de uso da nosa biblioteca repartida hoxe, podes descargala AQUÍ.

25/10/09

Novas lecturas, novos lectores

Esta fin de semana celebráronse en Santiago as "Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia", organizadas pola asesoría de bibliotecas de Galicia.
Ao longo de dous días, máis dun millar de mestres asistimos a diversas conferencias retransmitidas en directo dende o blog da asesoría, e referidas a temas que están agora mesmo no centro de discusión dos equipos de biblioteca.

Houbo ademáis unha mesa redonda onde varias compañeiras doutros centros contáronnos as súas experiencias sobre a Hora de ler, os Proxectos lectores ou os Clubs de lectura.

Sobre este último tema expuso a súa experiencia Cova do CEIP Brea Segade de Taragoña, centro co que nos une un proxecto de intercambio programado polos respectivos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística. Pronto teremos oportunidade de coñecer a súa biblioteca.

Quédavos aquí o programa das Xornadas.
E aquí un enlace coa información máis completa:
O Segrel do Penedo: Xornadas de Bibliotecas Escolares 09

24/10/09

Día das bibliotecas escolares

O 24 de Outubro celébrase o Día Internacional das bibliotecas escolares.
Este ano o lema é "Biblioteca escolar, espazo de lecturas".

E este é o cartel diseñado por Miguelanxo Prado para a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia:

16/10/09

Contos solidarios

Nesta páxina tan interesante da organización "Bicis pola paz", atoparedes pequenos Contos solidarios
Atréveste a escribir un?:


09/10/09

Plan de mellora de bibliotecas escolares

Un ano máis, tal como informan dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia, o noso centro segue integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
E un privilexio formar parte de ese grupo de bibliotecas escolares, que nos permite ademáis acceder a unha formación e uns recursos que doutro xeito serían inviables.

O noso reto segue a ser traballar para que a biblioteca escolar siga mellorando.

05/10/09

Lecturas de ida e volta

Este curso o cole de Quintela, coordinado co CEIP de Abelendo, e o CEIP de Reibón, de Moaña, imos participar no programa " LECTURAS DE IDA Y VUELTA".. da Fundación Sánchez Ruipérez.

Son coleccións de aproximadamente 40 libros, agrupados temáticamente e por idades, con diferentes propostas de dinamización. Chegarán en novembro, unha a cada cole, que logo nos iremos intercambiando ao longo de seis meses. En maio viaxarán rumbo a outros coles.

As coleccións son:

"¿Qué te cuentas?", para xogar coa linguaxe dos contos cos nenos e nenas máis pequenos do cole (Infantil e 1º Ciclo).
"Para saber más y más", que son libros informativos, para os nenos e nenas de 2º Ciclo.
"De aquí y de allí" que son relatos de diferentes culturas, para os maiores do cole.

O 17 de novembro teremos con nós a primeira colección,...
Que ganas de velos!!!!

03/10/09

Club de lectura


Pronto empezará a funcionar o club de lectura do colexio.
Ao longo desta semana que empeza, pasaremos polas clases de 5º e 6º de Primaria para anotaros e convocaros a primeira xuntanza.

Mentras tanto, estamos escollendo libro, e preparando as axendas para os membros do club.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...