Ao longo de dous días, máis dun millar de mestres asistimos a diversas conferencias retransmitidas en directo dende o blog da asesoría, e referidas a temas que están agora mesmo no centro de discusión dos equipos de biblioteca.
Houbo ademáis unha mesa redonda onde varias compañeiras doutros centros contáronnos as súas experiencias sobre a Hora de ler, os Proxectos lectores ou os Clubs de lectura.
Sobre este último tema expuso a súa experiencia Cova do CEIP Brea Segade de Taragoña, centro co que nos une un proxecto de intercambio programado polos respectivos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística. Pronto teremos oportunidade de coñecer a súa biblioteca.
O Segrel do Penedo: Xornadas de Bibliotecas Escolares 09
Grazas Isa. Como nos gusta aparecer no voso querido e admirado blog!!
ResponderEliminarPor certo, cando vexas aos teus ex-alumn@s de 6º dilles que no Segrel os botamos en falta.
Apertas
Loly: Nós tamén os botamos en falta.Pasareilles o teu recado.
ResponderEliminarBiquiños