Queremos recordarvos aos socios e socias da nosa biblioteca escolar, (Lembrade:todo o alumnado e o profesorado, ademais das familias que o solicitaron o curso pasado) que temos unhas enciclopedias na rede moi interesantes.
Algúns de vós usástelas o curso pasado.
Tedes que entrar no catálogo da nosa biblioteca. Aquí tedes un acceso directo:

Unha vez dentro, no menú lateral hai que premer en "Recursos electrónicos". Escollede a enciclopedia que vos interese, pulsade nela e abriráse unha ventana que vos pedirá código e contrasinal. O código é o voso número de socios na nosa biblioteca, e o contrasinal o voso nome.
Aparece de novo a páxina con todas as enciclopedias. Entrade na que vos interese máis.
A primeira que aparece ,
e- Junior.net, é moi axeitada para os nenos e nenas de primaria