17/09/09

Enciclopedias na rede

Queremos recordarvos aos socios e socias da nosa biblioteca escolar, (Lembrade:todo o alumnado e o profesorado, ademais das familias que o solicitaron o curso pasado) que temos unhas enciclopedias na rede moi interesantes.


Algúns de vós usástelas o curso pasado.


Tedes que entrar no catálogo da nosa biblioteca. Aquí tedes un acceso directo:

Unha vez dentro, no menú lateral hai que premer en "Recursos electrónicos". Escollede a enciclopedia que vos interese, pulsade nela e abriráse unha ventana que vos pedirá código e contrasinal. O código é o voso número de socios na nosa biblioteca, e o contrasinal o voso nome.
Aparece de novo a páxina con todas as enciclopedias. Entrade na que vos interese máis.
A primeira que aparece , e- Junior.net, é moi axeitada para os nenos e nenas de primaria

3 comentarios:

  1. É un recurso ao que temos que unirnos pouco a pouco.Hai que modernizarse! Eu tamén darei este consello no blog de Bibliobelesar. Saúdos dende Belesar!

    ResponderEliminar
  2. Vexo que comezades con forza, como é habitual en vós.
    Felices lecturas para este curso e unha aperta desde Ferrol.

    ResponderEliminar
  3. Benvida!!!
    Dende o cole de Andrade en Pontedeume desexámosvos un bo comezo de curso.
    Un bico moi forte de RAIOTECA para PACO.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...