
30/06/09
As librerías máis bonitas de Europa
Vía Nosololibros temos coñecemento deste mapa que edita a páxina Bibliobsessión 2.0. Nel saen as bibliotecas máis fermosas de Europa. En España saen cinco, dúas de Madrid, unha en Guadalajara, outra en Palma de Mallorca, e unha en Santiago de Compostela. Si queres saber cales son, deberás entrar no mapa.


29/06/09
Xoga
Vemos este feixe de xogos da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Recanto de Mik.
Son para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Son para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
27/06/09
Traballar por proxectos
Queremos mostrarvos como e porqué traballamos por proxectos no cole de Quintela:
23/06/09
Novo proxecto para o vindeiro ano

A proposta da biblioteca, seguiremos traballando un proxecto anual común, que nos permita afondar nun mesmo tema a todo o profesorado.
Queremos integrar no proxecto, na medida do posible, todas as actuacións do centro nas distintas festividades ( Día das bibliotecas escolares, O outono, O Nadal, Entroido, Día da Paz, Día da Poesía, Mes dos libros, Mes das letras galegas) que celebramos no noso centro, para unir esforzos, e non duplicar traballo.
O proxecto aprobado polo claustro para o vindeiro curso, ten o título “A ciencia”
Queremos abordar o proxecto dende varios aspectos: os científicos, os inventos, e os descubrimentos. Pensamos que a amplitude do tema vainos permitir abordar outros temas do currículo como a coeducación, a influencia histórica de certos inventos e descubrimentos, as desigualdades na aplicación dos avances científicos e tecnolóxicos, ...
Queremos integrar no proxecto, na medida do posible, todas as actuacións do centro nas distintas festividades ( Día das bibliotecas escolares, O outono, O Nadal, Entroido, Día da Paz, Día da Poesía, Mes dos libros, Mes das letras galegas) que celebramos no noso centro, para unir esforzos, e non duplicar traballo.
O proxecto aprobado polo claustro para o vindeiro curso, ten o título “A ciencia”
Queremos abordar o proxecto dende varios aspectos: os científicos, os inventos, e os descubrimentos. Pensamos que a amplitude do tema vainos permitir abordar outros temas do currículo como a coeducación, a influencia histórica de certos inventos e descubrimentos, as desigualdades na aplicación dos avances científicos e tecnolóxicos, ...
A nosa mascota Paco ten que ir preparando as súas preguntas, que tanto nos fan traballar.
Datos do préstamo
O noso colexio ten un total de 126 alumnos/as. Todos son socios da biblioteca. Tamén son socios da biblioteca o profesorado, o persoal non docente e unha decena de familias.
Este curso os nenos e nenas de 4º de Infantil (3 anos) utilizaron unhas fichas manuais para o préstamo, polo tanto o préstamos nesa aula non está contabilizados no programa de xestión da biblioteca.
O noso programa contabilizou este curso un total de 1.237 préstamos, dende o mes de outubro ata rematar o curso.
Este verán, por vez primeira, prestáronse lotes de libros ás familias que o solicitaron.
19/06/09
Axudantes de biblioteca
Por todo isto, reciben un agasallo. Trátase dunha pequena libreta de notas.
Esperemos que lles gusten!!
O vindeiro curso teremos novos axudantes de biblioteca. Serán alumnos voluntarios do terceiro ciclo. A ver cantos se apuntan!!!
16/06/09
Club de lectura
Hoxe foi a última xuntanza do Club de lectura do cole. Algúns das rapazas estarán o vindeiro curso no instituto. Imos botalas de menos.


O libro que comentamos foi "Bala perdida" de Manuel Rivas.
Ao rematar a xuntanza, quedou na biblioteca un misterioso olor a pastel de chocolate, ...Non estaba prohibidísimo comer na biblioteca???
Diversión na biblioteca
A semana pasada, Nico veu ao cole, e fíxonos pasar uns momentes moi divertidos contandonos un conto,... Gustóunos moito a todos.

15/06/09
Guías de lectura
Esta semana espezamos a repartir polas librerías do Concello as recomendacións de lectura para o verán.
Hai dúas, unha para o alumnado de Educación Infantil, e outra para o de Primaria.
As dúas levan recomendacións para pais, nais, avós, avoas,...
Preme aquí para descargalas.
A ver si vos gustan!!!



13/06/09
As linguas suman
11/06/09
Recomendación
No blog Biblioteca en maiúsculas para xente minúscula da Escola de Educación Infantil Fernández Varela da Pobra do Caramiñal, atopamos recomendado un libro moi especial para nós:
Don Pol e pequeno Pin, escrito por Max Portela, pai de un alumno, e editado por Baía.
Don Pol e pequeno Pin, escrito por Max Portela, pai de un alumno, e editado por Baía.
Curso de contacontos
Vía Kalandraka:O narrador Tim Bowley vai impartir un curso de contacontos
para adultos, co lema Sementes ao vento, que se celebrará en
LIBROS PARA SOÑAR os días 26 e 27 deste mes. O curso está
dirixido a docentes e profesionais relacionados co ensino,
animadores de tempo libre, libreiros, bibliotecarios e persoas
interesadas na narración oral como estratexia para animar a ler
e como medio de expresión dirixido ao público infantil.
Este narrador británico afincado en Galicia é especialista en historias da tradición oral de todo o mundo.
Ten publicados dous álbums infantís, “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”, ambos en
KALANDRAKA. Tamén é autor dunha antoloxía narrativa editada en 1990 no Reino Unido e do libro de relatos “Semillas al viento: cuentos del mundo”, publicado en 2001.
Con máis de 20 anos de experiencia como contacontos, Tim Bowley ten actuado en numerosos países.
09/06/09
Viaxando polo mundo
Temos novidades de "Edicións Quintela" , a editorial do cole. Inician a colección "Paco polo mundo", e son tres libros. Os títulos: "Viaxando polo mundo".
Son unha recompilación de parte da información que todos os cursos foron recollendo dos países que traballaron este curso, dentro do proxecto anual da biblioteca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas

